Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Goberno galego:

03/07/22 | 18:02

A Xunta invita os concellos da provincia de Ourense a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

É o duodécimo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra en Galicia, o primeiro na provincia de Ourense, e terá lugar o vindeiro mércores, 6 de xullo, ás 10,30 h, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
 

01/07/22 | 14:03

Gabriel Alén anima aos propietarios de inmobles deshabitados do centro histórico da cidade de Ourense á súa venda á Xunta para rehabilitalos e destinalos a vivendas de promoción pública

O delegado territorial explicou que os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladar as súas ofertas e teñen á súa disposición o teléfono 981 957 965

O orzamento do programa Rexurbe na cidade ourensá, onde a Xunta xa é propietaria de 7 inmobles, ascende este ano a 400.000 €
30/06/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 200.000€ para a adquisición de inmobles na área Rexurbe de Tui e anima os propietarios a presentar ofertas ata o 15 de xullo

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, lembrou na Praza do Concello este programa baixo o lema 'Gañas ti, Gaña Tui', da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

30/06/22 | 14:01

A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 11,3 millóns de euros para adquirir e rehabilitar inmobles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para actuacións de compra e restauración de edificacións de competencia municipal

29/06/22 | 12:41

Trenor anima aos propietarios de inmobles deshabitados de Pescadería, San Andrés, Panadeiras, Orzán e Cidade Vella a aproveitar o Rexurbe ata o 15 de xullo

No caso da cidade da Coruña, a oferta de 2022 conta cun investimento da Xunta de 1 millón de euros, a metade do que se reserva para toda Galicia

27/06/22 | 13:39

A Xunta avanza que a partir deste venres xa se poderán pedir as axudas de 250 € do bono alugueiro mocidade

Ángeles Vázquez salienta que estas subvencións, cun orzamento de 22,8 M€ para este ano e o que vén, beneficiarán como mínimo a ao redor de 3.800 mozos galegos

25/06/22 | 16:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta invita aos concellos da zona do Barbanza a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

É o quinto encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia da Coruña e terá lugar o vindeiro luns, 27 de xuño, ás 10,30 h, no Casino de Noia, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Están convocados a participar no foro, aberto ao público en xeral, concellos, empresas e entidades do sector pertencentes aos once municipios da comarca
O obxectivo desta iniciativa é informar das principais liñas de incentivos dispoñibles para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar e presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, un punto informativo habilitado polo Goberno galego para dar a coñecer os programas financiados con fondos europeos no eido residencial
 

23/06/22 | 14:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta convocará este mes o novo bono alugueiro mocidade, que prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos durante dous anos

Salienta que o obxectivo é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes

17/06/22 | 13:28
17/06/22 | 12:20

A Xunta inviste máis de 500.000€ no segundo edificio da Área Rexurbe da Coruña para rehabilitalo e ofrecer vivendas protexidas

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquire unha edificación de 4 plantas, catalogada dentro do ámbito de protección do Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) da Cidade Vella e a Pescadería