Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Economía:

04/11/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Lisboa a aposta de Galicia por impulsar un ecosistema emprendedor que avance na innovación, a dixitalización e a sustentabilidade

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do Web Summit 2022, cita que busca facilitar a conexión entre empresas tecnolóxicas, startups, investidores, lexisladores e representantes públicos

04/11/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o apoio da Xunta a través do solo industrial para que Estrella Galicia constrúa unha das fábricas de cervexa máis grandes de Europa en Arteixo

Anuncia que as obras da terceira fase do parque empresarial de Morás se licitarán o vindeiro luns por 4,8 M€

04/11/22 | 13:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon ao grupo Da Cunha, en Carral, como exemplo de aposta polo autoconsumo renovable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a sede da compañía que contou con axudas do Goberno galego para a instalación dunha planta fotovoltaica

04/11/22 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre ao público en Santiago unha mostra con preto de cen casos de éxito da combinación de deseño e innovación en Galicia

A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ foi inaugurada esta mañá pola directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e poderá verse ata o 16 de decembro na Fundación Didac

03/11/22 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia habilitará o polo de emprendemento na cidade antes de finais de ano

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta tarde no acto ‘Crear, Innovar, Aprender’ de AJE Ferrolterra

03/11/22 | 18:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia recolle nos Orzamentos de 2023 unha liña de axudas pioneira para proxectos de loxística avanzada e sostible para pemes e autónomos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na Coruña na II Xornada Loxística Internacional, organizada polo Clúster da Función Loxística de Galicia

03/11/22 | 14:25 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que os Orzamentos da Xunta para 2023 permitirán continuar polo camiño da industralización e a sustentabilidade

Asegura que o optimismo para afrontar o contexto actual está en todos os proxectos que se poidan levar a cabo para impulsar a dobre transformación enerxética e dixital e, con iso, o crecemento san da economía galega

03/11/22 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta manterá a súa aposta polo vehículo eléctrico e conectado, acompañando ás empresas da automoción no contexto actual de transformación

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago na apertura da I Xornada de Automoción en Galicia

03/11/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén maniféstalle aos alumnos – traballadores do obradoiro de emprego Terra de Benestar que trala súa formación seralle mais doado incorporarse ao mercado laboral

O delegado territorial explicou que no obradoiro de emprego Terra de Benestar a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 503.987 euros na formación de 20 alumnos – traballadores no módulo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

03/11/22 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia difunde as vantaxes de combinar deseño e innovación a través dunha exposición e un dicionario de casos de éxito

A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ inaugúrase mañá e estará aberta ao público ata o 16 de decembro na Fundación Didac, en Santiago