Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Cooperación:

30/09/22 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa afianza o compromiso da Xunta co deporte como motor económico e social nunha nova tempada que aspira a bater récords

Así o apuntou na inauguración do Máster en Xestión Empresarial do Deporte, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense da Universidade de Vigo

30/09/22 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca que a “igualdade e a inclusión” están máis preto grazas ao deporte e a eventos como o Open Nacional de Xadrez para Cegos

O secretario xeral para o Deporte destaca que esa é a primeira lección que os nosos nenos e nenas aprenden no programa Xogade é que “ante o deporte e ante a vida, todos somos iguais”

30/09/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Xaquedrum achegan a cinco concellos lucenses actividades para fomentar a práctica do xadrez

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou na presentación do programa Xadrez no Camiño, que inclúe divulgación en centros educativos, exhibicións en espazos públicos e un Torneo maxistral con figuras internacionais

26/09/22 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta incrementa o orzamento das axudas anuais para a actividade deportiva

A tecnificación galega conta con seis novos núcleos de adestramentos especializados, das federacións galegas de Hóckey en Ourense, de Surf en Nigrán e de Squash en Ames, xunto cos Club Kayak Tudense e os clubs coruñeses Boxeo Kick Boxing e Halterofilia Coruña, tamén recoñecidos como NADE

25/09/22 | 10:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova convocatoria do programa Xogade contará con 15 actividades deportivas escolares e 38 federacións participantes

O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria que ademais das modalidades da actividade deportiva escolar e a actividade federada seguro deportivo 6-16 anos inclúe outras iniciativas destinadas a fomentar hábitos saudables e a práctica de deporte entre a poboación escolar

24/09/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a importancia do fútbol base como práctica deportiva entre a rapazada

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe ao encontro entre os equipos cadetes e xuvenís dos clubs Galicia Caranza de Ferrol e Imperátor da Coruña

23/09/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa reivindica a marcha nórdica como un dos máis completos deportes e destaca o apoio da Xunta ás novas modalidades olímpicas como a escalada

Destaca a aposta que a Xunta leva facendo dende hai anos pola escalada e anuncia que o Goberno galego xa traballa na primeira edición do Campionato galego de marcha nórdica e na inclusión da modalidade no programa Xogade

23/09/22 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa presenta a webinar do Cluster do Deporte sobre os fondos Next Generation, que define como “imprescindibles” na recuperación do deporte

O secretario xeral para o Deporte apunta que, tan importante era a prevención e a precaución no momento máis virulento do coronavirus como o é agora o financiamento e o apoio para a recuperación total do deporte