Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

01/04/22 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Xunta organizou diversas visitas escolares ao centro de formación Pedro Murias para conmemorar o Día da Árbore

Acudiron alumnos do IES Dionisio Gamallo, en Ribadeo, e dos colexios públicos de San Miguel de Reinante e de San Cosme, ambos no municipio de Barreiros

26/03/22 | 14:32

A Xunta promove a plantación dun cento de bidueiros no Monte Aloia para conmemorar o Día da Árbore

Ao redor de 110 voluntarios, co apoio de persoal técnico do Parque Natural, reforestaron esta mañá unha parcela con árbores autóctonas doadas polo Goberno galego

26/03/22 | 12:28

A Xunta pecha o memorando de entendemento que asinarán as entidades que desexen sumarse á Alianza Galega polo Clima

Os signatarios comprometeranse a establecer medidas orientadas á adaptación ou mitigación do cambio climático, promover e apoiar a investigación, e acelerar o desenvolvemento de tecnoloxías para avanzar nos sistemas de baixas emisións

26/03/22 | 12:23

A Xunta somete a información pública a inclusión de cinco exemplares de Antas de Ulla, Nigrán e O Rosal no catálogo de árbores senlleiras

Son dous carballos localizados no concello lucense, unha árbore botella e un castiñeiro en Nigrán, e unha magnolia soulangeana no concello do Baixo Miño

25/03/22 | 16:42

A Xunta, Ecoembes e a Asociación Lucus Augusti colaborarán para fomentar a recollida selectiva entre os lucenses co reto de subir un 10% as taxas de reciclaxe

A federación recibirá 10.000 €, o dobre que en 2021, para cubrir os gastos das accións de sensibilización ambiental que promova entre os seus asociados así como da colocación, mantemento e baleirado das papeleiras instaladas en todas as súas sedes

25/03/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta conmemora o Día da Árbore cunha plantación de especies autóctonas con cativos na Escola Unitaria de Lamas, en Moraña

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Moraña, José Cela, asistiu a este acto, que consistiu na colocación, en colaboración cos 12 alumnos, dun pradairo e unha faia no patio deste centro educativo público

24/03/22 | 17:07

A Xunta integrará no Plan reitor das Fragas do Eume as actividades ambientais e de voluntariado que promove o tecido asociativo no parque natural

Belén do Campo subliña a necesidade de que o futuro documento de xestión garanta a protección dos valores do parque natural e o seu aproveitamento socioeconómico sostible

24/03/22 | 11:19

A Xunta colabora nunha solta de troitas no río Mera para conservar a riqueza piscícola e a biodiversidade deste curso fluvial

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou esta mañá nesta actividade, organizada pola Federación de veciños Lucus Augusti na área recreativa Félix Arija

22/03/22 | 13:40

A Xunta inicia en abril os traballos para frear o avance do bosque de piñeiro e protexer a integridade da duna costeira de Corrubedo aos que destina 0,38 M€

É un dos proxectos de conservación que se executan con fondos europeos, co que se quere mellorar o hábitat dunar no que residen aves ameazadas como a píllara das dunas e o pernileiro

19/03/22 | 12:17

O Proxecto europeo Nor-Water acada avances na identificación dos contaminantes emerxentes presentes en augas de Galicia e do Norte de Portugal

Os resultados desta acción permitirán implantar medidas de xestión ambiental para mitigar a presenza destes compostos nos ecosistemas costeiros e fluviais e contribuirán a mellorar a eficiencia das estacións depuradoras de augas residuais