Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

21/04/21 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

67 establecementos da provincia de Ourense adherironse á segunda convocatoria do Bono Turístico da Xunta

O delegado territorial precisou que esta nova convocatoria permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno

20/04/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta o “éxito indiscutible” do segundo bono turístico #QuedamosenGalicia impulsado pola Xunta e a elevada participación de establecementos da provincia, con 295 adheridos

O delegado territorial anima ás galegas e galegos a facer “turismo responsable e seguro” aproveitando os numerosos atractivos da comunidade e o elevado nivel e calidade do sector nunha visita á Quinta de San Amaro, no Concello de Meaño

20/04/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o turismo de negocios e eventos con estratexias para a súa reactivación en congresos presenciais ou virtuais

O vicepresidente primeiro asinou un convenio coa Asociación de organizadores profesionais de congresos de Galicia para poñer en marcha accións de desestacionalización, captación de novos eventos e dixitalización

18/04/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta disporá de un sistema de Big Data para coñecer o perfil dos turistas e xestionar a información de reservas e ocupación

O prazo para a presentación de propostas ao concurso para a construción e posta en marcha dun sistema intelixente de análise avanzada para o turismo finaliza o 20 de maio

17/04/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

"O teu Xacobeo" fai inventario das casas reitorais nas parroquias galegas do Camiño portugués e do Camiño Portugués pola costa

A delegada territorial presentou hoxe iniciativa, que conta cunha achega de 25.000 euros no marco deste programa que está a mobilizar preto de 8 millóns de euros

15/04/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Medio Rural destina 129.000 euros a acondicionar 3,4 quilómetros de camiños en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as obras executadas nas pistas a Pardellas e O Vilar, e anunciou o arranxo da que conecta Cabanas e San Xulián

14/04/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o éxito do bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia tras esgotarse as tarxetas en só unhas horas

Houbo un aluvión de solicitudes nada máis abrirse a convocatoria, con 150 peticións cada cinco minutos ao longo da noite

14/04/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias gaba a iniciativa de promoción turística conxunta impulsada polos concellos do Vicedo e Portomarín

O delegado territorial da Xunta en Lugo e o secretario xeral de Política Lingüística asistiron á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que anima a visitar o concello do Camiño Francés, onde outro sino invita a facer a viaxe á inversa

14/04/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Catedral na reapertura das visitas desde hoxe ao Pórtico da Gloria

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez participaron hoxe na presentación do programa de visitas gratuítas, que se retoman con aforo limitado e reserva previa despois da cancelación pola covid-19

13/04/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe un dos case 700 establecementos que xa se uniron ata agora á iniciativa, o que supón un 24% máis que na convocatoria do ano pasado