Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

28/05/20 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda vincular o acordo de pesca ao de libre comercio nas negociacións do Brexit

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 62ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)

28/05/20 | 15:18

A Xunta fai un chamamento a bateeiros e confrarías para acadar un consenso sobre a proposta de acordo presentada, que é transitoria e beneficia ás dúas partes

Rosa Quintana entende que os dous sectores poidan sentir que se lle recortan dereitos pero aclara que a solución proposta é intermedia ás peticións que eles mesmos realizaron e que busca salvagardar os intereses de ambos

27/05/20 | 18:36

Galicia traballa no deseño de medidas para apoiar á cadea mar-industria e evitar peches ante as dificultades derivadas do coronavirus

A Xunta e os representantes do sector constataron a necesidade de cumprir os requisitos da UE de darlle liquidez ás empresas e de avanzar na elaboración de ordes de achegas sinxelas e coa menor carga burocrática posible

27/05/20 | 11:14

O venres comeza a veda do polbo en Galicia e rematará o 1 de xullo

Deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie en augas nas que Galicia ten competencias, incluíndo a pesca marítima de recreo

26/05/20 | 17:49

A Xunta propón a confrarías e bateeiros a ampliación do período de extracción de mexilla un mes no que quedarían excluídos 50 quilómetros de costa en toda Galicia

Tendo en conta as circunstancias e para o contexto actual, marcado pola crise do coronavirus e a escaseza de cría de mexillón, suxire excluír a extracción de mexilla por parte de ambos sectores en 16 zonas que suman un total de 50 dos 1.673 quilómetros das costas da Coruña e Pontevedra e que son sensibles para a extracción de percebe

25/05/20 | 14:44

As terrazas ao aire libre en zona portuaria quedarán exentas do pago das taxas correspondentes ao período entre o 14 de marzo e o 11 de maio

A presidenta de Portos de Galicia deu conta ao consello de administración da aprobación desta resolución, que se atopa dispoñible para consulta na web do ente público

22/05/20 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén un furtivo en Vigo por resistencia e desobediencia á autoridade

Comisáronse 5 quilos de percebe que foron entregados a unha asociación benéfica da cidade

22/05/20 | 11:29

Galicia constitúe o Consello Social do Centro Referencia Nacional de Acuicultura e Mergullo ostentado polo Igafa

Este órgano, no que están representadas as Administracións estatal e autonómica e as organizacións empresariais e sindicais, ten entre as súas funcións propoñer as directrices plurianuais e o plan de traballo do Centro de Referencia Nacional

21/05/20 | 17:05

A Xunta estuda coas federacións de confrarías e as asociacións de bateeiros a adecuación e definición das zonas de percebe e mexilla

As zonas costeiras analizadas serán expostas polos representantes das federacións de confrarías e das asociacións de bateeiros aos seus socios para definir definitivamente aquelas nas que se poderá extraer mexilla ou non

19/05/20 | 16:10

Galicia demanda ao Estado que habilite axudas para a frota que rexistrou perdas a pesar de manter a actividade durante a crise do coronavirus

A conselleira do Mar salienta que en moitos casos os ingresos obtidos pola súa actividade non foron suficientes para cubrir os seus custos de explotación