Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

29/03/22 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar a rede de saneamento e unha depuradora na parroquia de San Xiao de Mandaio, en Oza-Cesuras

O contrato, adxudicado por 18.000 €, definirá as obras para dotar de saneamento os lugares de Petín, Cimadevila, Soquintá, O Agüeiro, A Rocha, Baldrís, Quintá e Tarrío

29/03/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 160.000€ as obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, no concello de Avión

A actuación, cun prazo de 4 meses, ten como obxectivo conectar as redes de saneamento destes núcleos co colector xeral de Avión, xa que na actualidade contan con sistemas que conflúen en fosas sépticas

29/03/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o Camiño a Monte Covelo, no concello de Poio, co Plan marco e incrementa a partida deste ano nun 25% ata case 50.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Poio, Luciano Sobral, informou desta nova achega na visita de supervisión á remodelación integral deste vial da parroquia de Samieira, executada cunha axuda de máis de 39.000€ ao abeiro do Plan Marco 2021
 

28/03/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor informa de que a Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil na estrada AC-524 en Frades, que suporá un investimento de máis de 241.000€

O delegado da Xunta subliña que as persoas interesadas terán de prazo 30 días hábiles a partir de mañá para presentar as achegas que consideren ao trazado proposto

28/03/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 810.000 euros nunha 1ª fase das obras de mellora da estrada OU-402 na Arnoia que se licitan hoxe e se iniciarán no outono

Actuarase nun treito da vía que carece de beirarrúas, beiravías e zona para peóns, mellorando o trazado e ampliando a estrada ata os 7 metros de ancho onde sexa factible, rectificando tamén as curvas de radio reducido

28/03/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ as obras da senda na estrada PO-551 entre A Moureira e Palmás, en Moaña

A construción deste itinerario comezará a finais de abril ou comezos de maio e terá un prazo de execución de 12 meses

28/03/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsará mesas de diálogo permanente entre transportistas e cargadores para facilitar o funcionamento harmónico e transparente da cadea loxística en Galicia

Ethel Vázquez adianta o reforzo da Xunta arbitral de transportes e as mesas de diálogo para o seguimento das relacións entre cargadores, distribuidores e transportistas, iniciativa que debera estenderse tamén ao resto de España

28/03/22 | 12:58

A Xunta destaca que as obras do acceso ferroviario ao porto ferrolán xa están no ecuador e garantirán a competitividade e o futuro desta infraestrutura

A titular de Mar lembrou que está previsto que os traballos rematen no segundo semestre de 2023, polo que urxiu ao Goberno central a adoptar medidas para evitar que a folga do transporte e a guerra en Ucraína provoquen retrasos nos prazos

26/03/22 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da primeira fase da rede de saneamento da parroquia de Ribadetea, no Concello de Ponteareas

A actuación deriva do Plan Director de saneamento municipal, que prioriza o desenvolvemento dunha nova rede e tres bombeos para recoller as augas residuais nas zonas que se identifican como A Freixa I, A Freixa II e Mourade

25/03/22 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta en Ferrol traslada ao alcalde de San Sadurniño o compromiso de que as obras de mellora da AC-862 estean rematadas este verán

Martina Aneiros mantivo esta mañá unha reunión con Secundino García co que fixo un repaso das necesidades do concello