Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

26/04/21 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia na Guarda unha nova área de descanso para peregrinos no seu tramo municipal do Camiño Portugués da Costa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a zona acompañada do delegado territorial da Xunta e o alcalde do concello

26/04/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina coa Deputación de Ourense o convenio para cofinanciar a Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinaron hoxe o acordo a través do cal o organismo provincial colabora coa iniciativa cunha achega de 150.000 euros

26/04/21 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o seu compromiso co Marisquiño, un evento que conxuga con éxito turismo, deporte e cultura urbana

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou coa empresa organizadora o convenio polo que o Goberno autonómico destina 200.000 euros á cita deste ano

25/04/21 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incentiva con 80.000 euros en premios aos proxectos máis destacados da súa aceleradora de startups no sector turístico

Turislab ofrece ademais aloxamento e manutención para os participantes que o soliciten nas instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia

25/04/21 | 10:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura celebra unha xincana familiar para dar a coñecer a Vía da Prata, que discorre paralela ao Monte Gaiás

Un total de 16 familias inscribíronse para descubrir esta fin de semana as etapas desta Ruta Xacobea, a través de xogos tradicionais e populares

23/04/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Constituido oficialmente o Comité Camelia Galicia co obxectivo de ordear, consolidar e profesionalizar este produto turístico único

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu hoxe no Pazo de Rubiáns a primeira xuntanza deste órgano regulador da “Ruta dos Xardíns da Camelia”

21/04/21 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta a oportunidade que ofrece “La Vuelta 21” para promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago no exterior

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación da etapa con percorrido e meta no concello de Mos, unha das tres que pasarán por Galicia antes de rematar neste Xacobeo na praza do Obradoiro

21/04/21 | 17:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño Primitivo protagoniza a segunda Semana Escolar dos Camiños de Santiago que celebrarán 281 escolas públicas de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación desta actividade que conta cunha axuda ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” de 25.000 euros

21/04/21 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa que a comarca de Santiago xa conta con preto de 100 establecimentos adheridos ao programa #QuedamosenGalicia

O delegado da Xunta destacou o éxito da segunda convocatoria desta plan porque as tarxetas turísticas dispoñibles se esgotaron en cuestión de horas

21/04/21 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o éxito da segunda convocatoria do Bono Turístico con 63 establecementos adheridos da área de Vigo

A delegada territorial da Xunta acentuou o éxito desta iniciativa entre a cidadanía, que esgotou as tarxetas nas primeiras horas tras abrir o prazo de solicitude