Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

20/05/21 | 13:39

A Xunta enxalza o esforzo da frota para abastecer á cidadanía con máis de 150.000 toneladas de produtos do mar en 2020

Este volume de peixes e mariscos descargados nas lonxas galegas o ano pasado representa un valor económico de máis de 410 millóns de euros

19/05/21 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 1,7M€ un proxecto de fábrica intelixente de Ferroatlántica para mellorar a sustentabilidade das baterías de ion-litio

O proxecto busca mellorar a densidade enerxética, o custo e a sustentabilidade das baterías de ion-litio afondando en novos sistemas de fabricación de materiais e en procesos de produción máis eficientes

19/05/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis dun millón de euros ao sector hostaleiro da provincia de Ourense para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio dos negocios

O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou esta mañá un dos establecementos beneficiados desta orde de axudas pola cal o Goberno galego busca dar a máxima seguridade ao sector da hostalería no desenvolvemento da súa actividade, no marco das medidas de protección da saúde ante a covid-19

18/05/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta aprobará no Consello no vindeiro xoves o Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

Conde asegura que será a folla de ruta a seguir para atraer investimentos e consolidar o ecosistema de innovación e de empresas que Galicia xa leva forxado en torno a este sector

14/05/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a iniciativa Cabanas das Chousas é sustentable en todas as súas dimensións amosando o valor da madeira tanto no eido do deseño como da construción

A iniciativa contou, o pasado ano, cunha axuda de 20.000 euros por parte da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) enmarcada nos apoios para fomentar o uso da madeira e, en concreto, para apoiar a realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos en madeira

13/05/21 | 12:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o apoio da Xunta a Jealsa tralo incendio de parte das súas instalacións e salienta o labor desenvolvido polo operativo de extinción

Agradece o esforzo e o compromiso das máis de 60 persoas que interviñeron na loita contra o incendio

13/05/21 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial e a capacidade instalada coa que conta Galicia para impulsar a eólica mariña

Conde subliña a vontade da Administración galega de afondar nas posibilidades que esta enerxía renovable ofrece á industria e á economía da Comunidade a través do consenso e garantindo o seu desenvolvemento desde o respecto ás actividades pesqueiras e á preservación do ecosistema mariño

12/05/21 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o esforzo da hostalería na implantación dos códigos QR para garantir as medidas sanitarias e a seguridade dos clientes

Máis de 15.500 establecementos realizaron máis de 56.000 declaracións de capacidade desde que se puxo en marcha o Plan de Hostalería Segura

12/05/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a Unidade Mixta de Investigación na que colabora coa UDC e Navantia como unha ferramenta fundamental para a modernización do tecido industrial de Ferrolterra

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, salientou a necesidade de colaboración entre empresas e centros de coñecemento nunha xornada de difusión da UMI no campus ferrolán da Universidade da Coruña