Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/07/21 | 16:00 | C. do Medio Rural

Galicia e as demais comunidades cantábricas avaliarán a proposta de ecoesquemas da PAC que presentará o Ministerio de Agricultura

A Xunta valora o carácter receptivo e colaborador do Goberno Central, pero insiste en demandar que estas axudas ambientais contemplen as particularidades da España húmida

21/07/21 | 15:58 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a presentación da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas para afondar na calidade e a venda e garantir a remuda xeracional

“Estamos a falar dunha iniciativa conxunta do sector, a Xunta e a Fundación Juana de Vega, dotada con máis de 700.000 euros”, precisa

21/07/21 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no concello lucense de Friol

Esta iniciativa ten previsto celebrarse a partir do vindeiro luns e contará cunha duración total de 25 horas

20/07/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre técnicas de cultivo en viticultura para 20 profesionais do sector

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza esta formación a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que terá lugar no concello de Leiro (Ourense) a partir do vindeiro luns

20/07/21 | 12:50 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende o luns que vén en Ribadeo un curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

Está previsto realizalo no CFEA Pedro Murias, onde xa se levou a cabo outro curso sobre a materia estes días, ao igual que noutras localidades como Lugo ou Narón

19/07/21 | 13:18 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra mañá no centro de formación de Monforte de Lemos un curso sobre apicultura

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a iniciativa está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego

19/07/21 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta oferta 110 prazas de comedor e 74 de residencia nos catro centros de formación e experimentación agraria de Galicia para o vindeiro curso académico

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde na que se anuncian as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria para o curso académico 2021/2022

18/07/21 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende mañá en Friol un curso de iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Trátase da primeira edición desta iniciativa que se desenvolverá en diferentes concellos da nosa comunidade

18/07/21 | 12:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre estratexias de marketing para potenciar o valor das marcas comerciais no ámbito agroalimentario

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a iniciativa está previsto que se desenvolva no pazo de Quián -en Boqueixón- os vindeiros días 23 e 24 de xullo

17/07/21 | 11:59 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural anima ás empresas galegas a participar nos postos que despregará en distintas feiras do ámbito agrario

En concreto, poderán mostrar os seus produtos en Salimat Abanca, Iberflora, Fruit Attraction, Salón Gourmets e Xantar, que se desenvolverán entre os meses de setembro e novembro