Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

04/05/21 | 18:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

'Os fillos pequenos' gaña o certame de Relatos do Camiño, iniciativa de mundo detrás do marco no programa de “O teu Xacobeo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á resolución dos 12 relatos que formarán parte do libro “Historias do Camiño”

04/05/21 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanzará unha potente campaña de promoción para relanzar o sector turístico cando se recupere a mobilidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a rodaxe do spot sobre o Xacobeo 21-22 “Camiña a Galicia” no marco dunha campaña destinada a atraer á comunidade a turistas e peregrinos en canto a situación sanitaria o permita

03/05/21 | 19:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
03/05/21 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinalizará o Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo a través dun acordo cos locais de hostalería

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra, César Ballesteros, o protocolo para instalar a sinalética oficial en establecementos da hostaleiros da cidade ao longo do Camiño Portugués da Costa

01/05/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Inorde en actividades encamiñadas a promocionar o turismo da provincia de Ourense

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta semana co presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Rosendo Fernández, este convenio que permitirá fomentar Galicia e Ourense como destinos turísticos de calidade

30/04/21 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe 83 proxectos innovadores que optan á aceleradora de turismo de Galicia

A categoría que máis propostas reuniu foi Travel Tech (37%), seguida de Sostibilidade (25%) e Social Tech (14%), o que acumula o 76% do total

29/04/21 | 20:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Museo do Mar acolle unha mostra fotográfica que retrata a situación das casas reitorais do Camiño de Santiago na provincia de Pontevedra

A directora de Turismo de Galicia inaugurou hoxe a exposición, que estará aberta ata o 31 de maio

29/04/21 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enxalza "Sabores e saberes no Camiño" como exemplo do potencial turístico da oferta gastrocultural do Camiño

O Centro Cultural Luis Seoane no concello do Pino acolleu o terceiro “showcooking” programado dentro desta iniciativa de “O Teu Xacobeo”

26/04/21 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por potenciar a calidade do turismo galego para atraer visitantes neste Xacobeo 21-22 cunha proposta diferenciada

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na gala de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 24 establecementos do xeodestino Terras do Condado-A Paradanta