Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

07/02/22 | 20:15 | C. de Sanidade

A Xunta destaca no Congreso dos Deputados o éxito do Plan Galego de Vacinación co que cumpriu con semanas de antelación os obxectivos establecidos polo Goberno de España

A directora xeral de Saúde Pública salientou o liderado de Galicia na campaña de vacinación da covid en Galicia que a sítúa como a comunidade con maior porcentaxe de poboación coa pauta completa

07/02/22 | 11:53 | C. de Sanidade

O Sergas aumenta nun 40 % as axudas deste ano a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario

A asociación viguesa Alento atendeu 20 persoas a través dun programa de Rehabilitación fisioterapéutica en relación co dano cerebral adquirido que recibiu máis de 11.000 euros

07/02/22 | 10:57 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 6 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

07/02/22 | 10:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 53.706 casos activos por coronavirus

Un total de 395.178 pacientes xa están curados

06/02/22 | 12:45 | C. de Sanidade
06/02/22 | 12:41 | C. de Sanidade

A Comisión Europea concede o proxecto Procure4 Health para a creación dunha rede europea de compra pública innovadora no ámbito da saúde

Un total de 32 entidades entre as que está o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forman parte deste consorcio europeo

06/02/22 | 11:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 57.567 casos activos por coronavirus

Un total de 388.583 pacientes xa están curados

05/02/22 | 12:22 | C. de Sanidade

A Xunta ofrece aos titores e colaboradores docentes de atención primaria un programa formativo xunto coa Semfyc

Trátase dunha ferramenta de formación continua deseñada pola Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC), elaborada por médicos de familia de toda España cunha orientación práctica e rigorosa

05/02/22 | 10:59 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 60.307 casos activos por coronavirus

Un total de 382.765 pacientes xa están curados

04/02/22 | 15:55 | C. de Sanidade

A Xunta remarca o seu compromiso coa mellora da atención sanitaria na comarca do Morrazo

Comesaña abordou esta mañá coas alcaldesas de Cangas e Moaña a situación dos proxectos das infraestruturas sanitarias que a Xunta quere levar a cabo nestes dous concellos ao abeiro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria