Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

17/06/20 | 13:50

O plan de reactivación do sector marítimo-pesqueiro de Galicia fronte ao coronavirus suporá unha inxección global de 77 millóns de euros en 2020

Esta ferramenta denominada `Avantemar´ inclúe cinco liñas de apoio que buscan aportar liquidez e solvencia ás empresas do sector para garantir a súa sustentabilidade e competitividade ante as dificultades derivadas da covid-19

16/06/20 | 14:11 | A Presidencia da Xunta

Galicia renova e reforza o apoio á frota pesqueira europea na defensa dos seus intereses ante a negociación de saída do Reino Unido da Unión Europea

O titular do Executivo galego volve a ser, ao igual que en 2017, o primeiro mandatario dunha rexión pesqueira europea en poñer a súa firma nun documento ao que se irán incorporando outros responsables de rexións e cidades europeas con intereses no eido pesqueiro

14/06/20 | 13:27

Os grupos de acción local do sector pesqueiro galegos lideran a presentación de proxectos e a execución orzamentaria no conxunto do Estado

Galicia constata o seu liderado en España nas estratexias de desenvolvemento local participativo durante unha reunión telemática que mantivo xunto ao Goberno central coa Comisión Europea e a Rede Europea de Zonas de Pesca

13/06/20 | 11:38

A Xunta e a Cruz Vermella blindan un ano máis a súa colaboración nos ámbitos do salvamento marítimo e da loita contra a contaminación mariña

Esta cooperación realízase a través do Servizo de Gardacostas e a ela a Consellería do Mar destina 30.000 euros para as actividades levadas a cabo este ano

12/06/20 | 14:18

Comeza a obra de instalación dun pantalán para a descarga da pesca no porto de Combarro, en Poio

A actuación foi solicitada pola confraría de pescadores da localidade

12/06/20 | 09:52

A Xunta convoca dez novos permisos de explotación na modalidade de poliquetos a pé na confraría de Miño

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería

11/06/20 | 18:05

Galicia asinará unha segunda declaración en favor das comunidades pesqueiras ante o brexit para reforzar a defensa dos seus intereses durante a negociación

O Executivo galego apela a manter a unidade de acción do sector pesqueiro para facer forza e reeditará a coñecida como declaración de Santiago que o presidente da Xunta asinou en outubro de 2017 converténdose no primeiro responsable dunha rexión europea en facelo

10/06/20 | 13:52

Galicia demanda que a negociación do acordo pesqueiro ante o brexit sexa levada ao máis alto nivel tanto polo Estado como pola Comisión Europea

A comunidade solicita ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que interceda ante o Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación para que realice xestións ao máis alto nivel ante as autoridades europeas co obxectivo de que a defensa dos intereses pesqueiros sexa prioritaria na negociación co Reino Unido

10/06/20 | 10:15

Os Gardacostas requisan preto de 14.000 metros de artes de enmalle, 345 útiles e máis de 450 quilos de distintas especies de peixe e marisco

A ría de Arousa foi a zona que rexistrou máis comisos e incautacións nos últimos días con 7.900 metros de artes de enmalle, 84 aparellos e máis de 250 quilos de distintos produtos do mar requisados