Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Infraestruturas:

29/07/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana vindeira no CFEA de Becerreá un curso de mellora xenética e selección da abella local negra autóctona galega

Concibida para profesionalizar o sector da apicultura, a iniciativa vai dirixida a persoas vinculadas coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego

28/07/21 | 20:12 | C. do Medio Rural

A Xunta renova este venres o préstamo vendima para garantir a compra de uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado

O Diario Oficial de Galicia publicará a orde pola que se regula o procedemento para o recoñecemento ás adegas do dereito a empréstitos de campaña para este 2021

28/07/21 | 19:47 | C. do Medio Rural

A colaboración institucional liderada pola Xunta permitirá investir preto de 32 millóns de euros na potenciación do sector agrario da comarca da Limia

Destes cartos, uns 12 millóns de euros irán destinados a sufragar a limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos, para así mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas

28/07/21 | 13:08 | C. do Medio Rural

A Xunta forma ao sector da castaña en materia de enxertos, podas e renovación dos soutos de froito

A acción formativa, que está organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase mañá no Museo do moble e da madeira da Estrada en horario de 19:00 a 23:00 horas

27/07/21 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta a Estratexia do viño para consolidar no mercado o sector vitivinícola galego e para potenciar o turismo vinculado ás zonas de produción

Cun investimento superior aos 700.000 euros, a Estratexia incide así nas dimensións económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, tras definir o Goberno galego co propio sector as liñas que deben marcar o seu futuro

26/07/21 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC en Lugo e no Corgo

Organizado a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), a acción formativa desenvolverase ao longo dunha xornada en horario de 15:45 a 20:45 horas

26/07/21 | 13:20 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o compromiso co sector agroalimentario reflectido na Lei de recuperación da terra agraria e na Estratexia do lácteo

Salienta a gran demanda de base territorial dos gandeiros, xa que das máis de 21.000 hectáreas xeolocalizadas, o 94% correspóndese coa demanda do sector bovino

24/07/21 | 08:50 | C. do Medio Rural

A Xunta valora a posibilidade de implantar un sistema baseado na internet das cousas para a xestión da gandaría extensiva nas aldeas modelo

O proxecto expón a extensión dunha rede de datos que dea cobertura a toda a aldea a través de sensores e que permita recibir información en tempo real en diferentes dispositivos

23/07/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso en Ribadeo sobre benestar animal no transporte

A acción formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), terá lugar no CFEA Pedro Murias e dará comezo o vindeiro martes 3 de agosto

22/07/21 | 16:00 | C. do Medio Rural