Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

20/01/20 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o equipamento do GES de Padrón coa entrega dun vehículo para a atención ás emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal dun camión tipo Bomba Rural Pesada para empregar en todo tipo de intervencións en áreas urbanas e do rural

20/01/20 | 10:31 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 61 persoas por 49 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 17 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

19/01/20 | 19:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña a partir de mañá

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org 

19/01/20 | 12:17 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a importancia da formación continua do dispositivo de loita contra incendios para mellorar a súa profesionalidade

A Consellería organiza para a vindeira semana dous cursos sobre grandes incendios forestais, na que participarán técnicos e axentes facultativos medioambientais do dispositivo

17/01/20 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina con Seaga a encomenda para a retirada de niños de velutina no marco do plan acordado cos concellos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que este novo sistema, dotado con 2,3 millóns de euros, ofrecerá unha resposta profesional e homoxénea nas zonas afectadas

16/01/20 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento que pode acadar refachos que superen os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade galega

Ademais, esténdese a alerta por vento ao interior de Lugo e ao noroeste de Ourense, estando o resto da comunidade en nivel amarelo

15/01/20 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro e de vento e chuvia nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo

Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos da totalidade das provincias da Coruña, Pontevedra e da Mariña de Lugo e tamén as actividades deportivas ao aire libre nestas zonas, onde se esperan refachos de máis de 100 quilómetros por hora

14/01/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza cun novo camión de emerxencias o equipamento do GES do Pereiro de Aguiar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o compromiso da Xunta para dotar aos servizos municipais de emerxencia dos medios necesarios para prestar unha resposta eficiente ante calquera intervención

14/01/20 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega un vehículo anfibio ao concello de Maceda para atender emerxencias en zonas de difícil acceso

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste quad para mellorar os servizos de emerxencias do municipio