Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

29/05/21 | 12:30

Medio Ambiente facilita novos asentamentos empresariais nas Pontes ao informar a favor da modificación do polígono dos Airíos

Os cambios propostos buscan actualizar as determinacións normativas e gráficas do plan parcial do parque para posibilitar a implantación de novas actividades e a reutilización das edificacións existentes, mellorando a súa integración paisaxística

29/05/21 | 11:03 | C. de Economía e Industria

Máis de 117.000 usuarios xa descargaron o bono activa comercio da Xunta, que conta con 5200 establecementos adheridos en toda Galicia

Conde destacou que as tendas interesadas en unirse a esta iniciativa aínda teñen de prazo ata este luns 31 de maio para facelo en bonosactivacomercio.gal

27/05/21 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva a aula gastronómica Galicia Calidade a Pontedume da man do cociñeiro Adrián Felípez

Ao redor de 20 alumnos e alumnas do IES Fraga do Eume participaron na ‘masterclass’ impartida polo cociñeiro de Carballo

26/05/21 | 17:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 650.000€ en axudas a 86 establecementos de hostalaría das bisbarras de Pontevedra e Caldas para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio

O delegado territorial, Luis López, informou destas achegas, orientadas a dar a máxima seguridade sanitaria e favorecer o impulso do sector, nunha visita realizada este mediodía a El Cafetín de Pontevedra

26/05/21 | 15:04 | C. de Economía e Industria

Galicia, unha das comunidades españolas que en 2019 logrou superar os niveis de investimento en I+D previos á crise

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Madrid á presentación do Anuario 2021 da Fundación Cotec no que se recolle o informe realizado polo seu Observatorio

25/05/21 | 17:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa máxima colaboración para a creación dunha Zona Franca en Ferrol

Así o trasladou na segunda rolda de contactos que continuará esta tarde cos encontros cos sindicatos e o tecido empresarial da comarca para seguir avanzando no contido definitivo do Pacto de Estado por Ferrol

23/05/21 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta levará a cabo máis de 1500 controis este ano no marco do Plan de inspección de seguridade industrial

A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial

21/05/21 | 14:45 | C. de Economía e Industria

Máis de 100.000 galegos e galegas xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta para mercar nas tendas de proximidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou que xa son 5000 os establecementos adheridos

20/05/21 | 15:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de emprego

Explicou que é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada