Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

30/01/20 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondicionará o cumio do Monte do Gozo no marco da mellora paisaxística dos camiños de Santiago para a celebración do Xacobeo 2021

Esta actuación complementará tanto a reforma do complexo turístico dos últimos anos como as obras en marcha de integración paisaxística das entradas das rutas xacobeas a Compostela

29/01/20 | 19:58

O audiovisual 'Memoria dos peregrinos' amosa a visión máis persoal do Camiño grazas ao programa 'O teu Xacobeo' da Xunta

A comisaria do Xacobeo 2021 participou na presentación do audiovisual que recolle testemuñas dos camiñantes do século XXI e de expertos sobre o Camiño

28/01/20 | 14:03

Nava Castro salienta a aposta decidida da Xunta pola internacionalización de Galicia como destino

A directora de Turismo visitou hoxe a Oficina de Turismo do Aeroporto de Santiago onde subliñou que a oferta de bolsas formativas en mercados emisores que se verá reforzada na convocatoria para 2020

28/01/20 | 13:38

Román Rodríguez presenta en Madrid ‘3Caminos’ como a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021 patrocinada pola Xunta

O proxecto, encabezado pola empresa compostelá Ficción Producciones, conta coa implicación de compañías internacionais referentes neste eido como Amazon Prime Video ou Beta Films e con coprodutores de cinco países

26/01/20 | 14:09

Máis de 77.000 visitantes achegáronse ao stand da Xunta en Fitur para coñecer unha oferta turística que afonda na calidade

Os asistentes puideron coñecer polo miúdo, ao longo de cinco xornadas, a proposta de Galicia para o Xacobeo 2021 e experiencias vencelladas á natureza, o patrimonio cultural ou a enogastronomía como eixos de diferentes xeodestinos

24/01/20 | 13:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo asegura que o Xacobeo 2021 mostrará ao mundo a mellor Marca España e convoca a apostar por un recurso que une a todos

Incide en que o obxectivo é converter o Xacobeo 2021 no punto de partida dunha era xacobea de 5.000 días que abarcará tres anos santos: “Iniciamos 5.000 días de camiños, de festivais, de encontros, de hospitalidade, de concordia e de valores”

23/01/20 | 21:45 | A Presidencia da Xunta

Galicia certificará a calidade dos albergues situados nas Rutas Q que cumpran os requisitos, un revulsivo para o Camiño e para o Xacobeo 2021

Galicia é a comunidade onde máis creceu o turismo: un 6% fronte ao 1% estatal, superando os 5 millóns de visitantes e batendo o noso propio récord de pernoitas, con case 11 millóns

23/01/20 | 14:49

Galicia asume a coordinación da España Verde co obxectivo de potenciar o Camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

A nosa Comunidade lidera desde hoxe a organización das actividades desta marca turística que integra a Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco

23/01/20 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Infraestruturas licita as obras da nova senda peonil entre Alba e San Caetano no Concello de Pontevedra

Trátase da construción dun itinerario duns 600 metros que coincide coa traza do Camiño Portugués e que conta cun investimento de 640.000 euros

22/01/20 | 19:41

Román Rodríguez anuncia en Fitur que o Plan de Mellora e Sinalización do Camiño de Inverno será presentado en febreiro

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, ruta que xa supera os 1000 peregrinos