Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

11/02/22 | 14:06 | C. de Sanidade

Cardiólogos, médicos de Atención Primaria e de Urxencias reúnense para ultimar o novo protocolo do programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio

Impulsado polo Sergas, foi un dos primeiros programas deste tipo implantados en España e a día de hoxe está recoñecido como un dos mellores a nivel nacional e europeo

11/02/22 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 48.835 casos activos por coronavirus

Un total de 414.927 pacientes xa están curados

10/02/22 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de reforma da área de urxencias do hospital de Cee que contarán cun investimento de preto de 400.000€

A UTE “Alba Riguera-Carlos Romero” será a encargada da redacción do proxecto básico de execución e dirección desta obra que conta cun orzamento de máis de 26.000 euros

09/02/22 | 14:02 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade resalta a xenerosidade da poboación galega coa doazón de sangue e lembra a necesidade de participar nas campañas de doazón

Julio García Comesaña doou hoxe na unidade móbil que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazou ata os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro

09/02/22 | 13:16 | C. de Sanidade

Os pacientes vítimas de accidentes de tráfico e as súas familias recibirán asistencia nos hospitais galegos grazas a un acordo entre Xunta e Fundación A

O conselleiro de Sanidade vén de reunirse con representantes desta entidade, coa que o Sergas asina un convenio para ofrecer apoio emocional e orientación legal e sociosanitaria a estas persoas

09/02/22 | 12:15 | C. de Sanidade

A Xunta solicita ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prorrogar a necesidade de presentar o certificado covid-19 nos ámbitos actuais

De ser ratificada a medida polo TSXG será preciso exhibir os certificado covid-19 até o vindeiro de 26 febreiro

09/02/22 | 10:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 49.376 casos activos por coronavirus

Un total de 406.714 pacientes xa están curados

08/02/22 | 18:43 | C. de Sanidade

A Xunta valora a retirada da máscara no exterior, e pide ao Goberno central claridade nas recomendacións de uso en espazos abertos

Galicia solicita que se explique con precisión en que momentos e circunstancias vaise recomendar o seu uso ao aire libre e que aclare a utilización da mesma en concertos, entradas e saídas de eventos, actividades deportivas e patios escolares e outros espazos abertos, independentemente do número de persoas que se concentren

08/02/22 | 13:45 | C. de Sanidade

A Xunta supervisa as obras de mellora e reforma do centro de saúde no concello de Fornelos de Montes

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, visitaron hoxe o municipio pontevedrés para coñecer os traballos de mellora realizados en colaboración co concello

08/02/22 | 10:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 51.561 casos activos por coronavirus

Un total de 401.355 pacientes xa están curados