Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

14/04/21 | 13:20

O Centro de fauna de Cercedo-Cotobade convértese nunha instalación referente na conservación e recuperación de aves rapaces e acuáticas grazas a un investimento de 650.000 €

A Xunta ampliou o equipamento deste hospital, coa construción dun túnel de voo e varias zonas de baño para mellorar a atención e coidados dos animais ingresados

13/04/21 | 12:41

Case 350 técnicos e profesionais do sector participaron nas seis xornadas organizadas para difundir o Pacto Social pola Vivenda

A responsable galega pediu a colaboración dos concellos para que as medidas e accións previstas no pacto cheguen ás persoas e colectivos ás que van dirixidas

12/04/21 | 14:06

A Xunta formará aos xestores de residuos non perigosos para facilitar a súa adaptación ás últimas novidades lexislativas

Persoal da Consellería impartirá o vindeiro 20 de abril unha xornada telemática sobre o uso da plataforma GaIA eResiduos tras a entrada en vigor en marzo da Lei de residuos e solos contaminados de Galicia

12/04/21 | 12:18

A precipitación media do mes de marzo estivo un 80% por debaixo do valor climático normal

O terceiro mes do ano pode considerarse moi seco, coa aparición de situacións anticiclónicas que deixaron moi escasas precipitacións

11/04/21 | 12:03

A Xunta, o Concello da Veiga e a Deputación de Ourense estudarán colaborar para revitalizar núcleos rurais e atraer poboación

A responsable autonómica e mais o rexedor coinciden no potencial da rehabilitación de vivendas como elemento dinamizador económico e demográfico

10/04/21 | 11:53

Rematan os traballos da primeira fase de investigación sobre un xacemento romano localizado na Illa de Ons, co apoio do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O Grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo realizou ao longo desta semana nunha intervención arqueolóxica de limpeza, rexistro e sondaxes na factoría de salga da praia Canexol

10/04/21 | 09:45

Os interesados en solicitar unha axuda á mellora da conservación e da accesibilidade dos inmobles dispoñen ata o 22 de abril

Os beneficiarios desta liña de incentivos, que conta cun importe de 680.000 euros, son as persoas propietarias de vivendas unifamiliares e as comunidades de propietarios

09/04/21 | 15:30

Os promotores da Plisan acordan ofertar 250.000 m2 de solo empresarial con prezos bonificados

Os tres promotores desta área empresarial acordaron esta mañá manter as condicións do concurso de 2019, cando se adxudicou un 20% do solo da Plisan

08/04/21 | 15:04

A Xunta inicia a exposición pública da modificación do proxecto sectorial da central de transportes de Ponte Caldelas

O obxectivo que se persegue é cambiar o actual uso do solo, permitindo implantacións industriais xenéricas