Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/04/22 | 15:48 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destinará 18 M€ para fomentar a mobilidade sostible na área da Coruña e máis de 3 M€ para impulsar unha estrutura flotante no Parrote destinada a baño e actividades de ocio

Salienta un investimento de 8M€ para a adquisición de equipamento para a Fase 0 do novo CHUAC; e outros 8 millóns adicionais para a adquisición de catro TAC, dúas salas de hemodinámica, unha resonancia magnética, un equipo de anxiografía vascular e un equipo de anxiografía neurorradiolóxica

08/04/22 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello de Ames para acondicionar a avenida da Peregrina, en Bertamiráns, cun investimento autonómico de case 82.000 €

Trátase de mellorar o tramo da estrada AC-544 que vai desde a intersección coa avenida da Maía ata o punto quilométrico 0+610, sumando 610 metros

08/04/22 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colocará redutores de velocidade na estrada PO-214 en Pontecesures para reforzar a seguridade dos peóns na contorna do centro escolar

Os traballos, que se veñen de adxudicar por máis de 48.000 €, comezarán nas vindeiras semanas e consisten na execución de redutores de velocidade, na elevación dun paso de peóns e na instalación de semáforos

07/04/22 | 16:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza os estudos xeotécnicos para a construción do Novo Hospital Público da Coruña

Estes traballos, que se prolongarán ata a vindeira semana, teñen como obxectivo analizar o terreo para avaliar a cimentación e os muros de contención necesarios

07/04/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en xullo os veciños de Cangas disporán dunha estación de autobuses renovada e dunha área intermodal modernizada grazas a un investimento da Xunta de 400.000 €

Os traballos céntranse esta semana na dársena de autobuses para seguir despois no interior, obrigando a delimitar a zona e o propio edificio de forma provisional

07/04/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/04/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez apela á implicación do conxunto de Comunidades Autónomas para evitar que a futura Lei estatal de mobilidade sostible agrave as desigualdades territoriais

Manifesta a “inquedanza” de Galicia ante un texto legal que propón supeditar a execución de estradas á rendibilidade económica, o que dificulta garantir a conectividade no rural

06/04/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/04/22 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello da Coruña da totalidade da estrada AC-415 e do treito da AC-211 que discorre polo municipio

Transfírense 2,4 km da estrada AC-415 que coincide coa avenida de Fisterra desde a Ronda de Outeiro ata Meicende, no límite municipal con Arteixo; e o treito da AC-211 entre o límite do concello con Culleredo e A Pasaxe (N-VI)

04/04/22 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza sondeos xeotécnicos na LU-651 en Folgoso do Courel para definir as obras necesarias para restituír a vía tras o desprendemento rexistrado

O obxectivo destes traballos, que tamén inclúen o levantamento topográfico con drons, é coñecer o comportamento do terreo para avaliar a viabilidade das distintas alternativas para restablecer a conexión viaria