Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

05/11/21 | 14:59 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García trasládalle ao Goberno central que “a demografía non é só natalidade, pero tampouco pode ser todo menos natalidade”

Subliñou que entre as 130 iniciativas que recolle o Plan de medidas posto en marcha polo Executivo nacional non hai ningunha centrada nesta materia

05/11/21 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña a aposta de Galicia por incorporar a tecnoloxía no ámbito sociosanitario para complementar os coidados dos profesionais

Lembrou que o novo modelo de residencias contempla a creación de centros intelixentes que axilicen o traballo dos profesionais e melloren o benestar das persoas usuarias

05/11/21 | 12:55 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega preto de 192.000 euros para a reforma e o equipamento do comedor social Virgen de Lourdes en Vigo

Achegouse tamén ás instalacións da Casa Caridade, ás que a Xunta de Galicia achega outros 200.000 euros para o comedor social da Esperanza

04/11/21 | 12:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia invita ás entidades a apostar por programas de envellecemento activo adaptados á nova realidade dos maiores

O Goberno galego destinou nos orzamentos desde ano 2021 máis de 600.000 euros a este centro residencial para sufragar os gastos das prazas

03/11/21 | 14:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese co Goberno de Castela e León para intercambiar propostas en materia de conciliación

Jacobo Rey destacou algunhas iniciativas postas en marcha polo Goberno galego, entre as que salientou a gratuidade dos segundos fillos e seguintes en calquera escola infantil e súa ampliación a todos os nenos para o vindeiro curso

03/11/21 | 14:32 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A campaña da gripe do 2021 pon á disposición de todos os maiores de Galicia a máxima protección ante este virus estacional

A vacinación dos usuarios das residencias de maiores e dos profesionais que os coidan realizase nos propios centros

03/11/21 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 15 prazas públicas de atención á discapacidade na nova residencia de Aspromor

Deste xeito, financiará un total de 46 prazas de atención desta entidade, entre as 31 que xa tiña no centro ocupacional e as 15 desta residencia

02/11/21 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

O ciclo de exposicións 'Retratos: familia e infancia' inaugura unha nova mostra da man de Agafan

Os paneis informativos que a conforman recollen e destacan o traballo realizado a diario pola asociación a favor das familias numerosas