Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e concello de Rodeiro rematan as obras que melloran a accesibilidade do centro de saúde
A actuación tivo un orzamento de mais de 86.000 euros e foi froito dun convenio entre Xunta e Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda que conectará A Casilla, O Araño e Burés, que estará á disposición dos veciños de Rianxo na primavera de 2023 logo dun investimento de máis de 500.000 €
Construiranse dous treitos de senda na marxe dereita da estrada, configurando un itinerario total de 1,3 km para facilitar un tránsito peonil seguro pola beira da vía e para mellorar o acceso ás paradas de transporte público
A Xunta e o concello de Folgoso do Courel acordan a execución dun acceso provisional que permitirá restituír o tráfico na LU-651 no verán
Esta vía de nova execución fará posible dispoñer dunha alternativa viaria tras o desprendemento e garantir a mobilidade mentres se determina e constrúe a solución definitiva
A Xunta retoma as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes
No día de hoxe reiniciáronse os traballos de remate do pavimento da ponte para colocar a continuación o novo peitoril, cuxa nova configuración en pedra de cantería recibiu o visto bo de Patrimonio
A Xunta de Galicia financia a rehabilitación do Mercado de Moscoso en Pazos de Borbén
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias,e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, visitaron este luns as obras de recuperación da cuberta da antiga praza do mercado
A Xunta licita a renovación do firme en oito treitos de seis estradas autonómicas de Pontevedra e O Salnés cun investimento de 1,3 M€
O delegado territorial, Luis López, informou da apertura deste proceso de contratación nunha visita á estrada PO-300, que vai ser mellorada en máis de oito quilómetros, xunto ao alcalde de Ribadumia, David Castro
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Noia da totalidade da estrada AC-310 e de 2 treitos da AC-311 e da AC-550 no municipio
Transfírense os 220 metros da AC-310 de acceso ao porto de Noia; un treito de algo máis de 1,3 km da AC-311; e outro de 390 metros da AC-550, correspondentes coas rúas Rosalía de Castro e Costa do Ferrador
A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga cun investimento de 970.000 €
A finais do verán iniciaranse os traballos, que contan cun prazo de execución de 12 meses e permitirán actuar sobre 2 km da vía e eliminar un treito de concentración de accidentes
Renovaranse 5 interseccións no treito da PO-504 que transcorre entre o lugar do Vinquiño e o inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, coa construción dunha glorieta no cruce co Camiño ao Santo
A Xunta adxudica por máis de 270.000 a construción das sendas de Soesto e de Serantes no concello de Laxe
Executaranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da AC-433, co obxectivo de facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos