Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima ás pemes e autónomos a aproveitar o terceiro Plan de Rescate autonómico para impulsar a súa recuperación tras a pandemia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu este mediodía en Santiago a un webinario organizado por AJE Galicia para destacar este novo plan que sairá publicado mañá no DOG
A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 M€ e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 M€
Feijóo salienta que a Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos neste eido e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado
A Xunta destina case 900.000 euros a impulsar catro novos viveiros de empresas na provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os concellos de Paradela, O Corgo, Monforte de Lemos e Bóveda habilitarán espazos para poñer a disposición de emprendedores co apoio do Goberno galego
Un total de 463 establecementos da cidade da Coruña adheríronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha pola Xunta para fomentar as compras de proximidade
A maioría dos comercios que se uniron a esta iniciativa pertencen ao sector textil e de calzado; aínda que tamén teñen gran presenza as librarías; salóns de peiteado e barberías; e os establecementos de venda de electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico
A Xunta salienta a automatización, a dixitalización e a sostibilidade como factores clave para impulsar a industria 4.0 en Galicia
O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou hoxe en Barcelona na inauguración da quinta edición de ‘Advanced Factories’
A Xunta pon en marcha o Plan de inspección de seguridade industrial co que levará a cabo máis de 1500 controis este ano
A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial
Un total de 74 tendas de Monforte de Lemos participan no Bono Activa Comercio da Xunta ao que xa se sumaron 1600 veciños e veciñas
Galicia conta con 5260 comercios e 132.000 bonos descargados, dos que 17.600 proceden da provincia de Lugo
Oito de cada dez establecementos hostaleiros da cidade de Vigo recibiron axudas directas nos dous primeiros plans de rescate da Xunta por valor de preto de 8 millóns de euros
O 1º e o 2º plans de rescate promovidos pola Xunta inxectaron á hostalaría da área viguesa 12,9 millóns de euros, atendendo a un total de 5.914 solicitudes
Feijóo destaca o compromiso por facer de Galicia un territorio seguro para vir, estar e para desfrutar, con medidas como o Seguro Covid, que entrou en vigor esta semana
Expresa a posibilidade, unha vez que toda a poboación galega estea inmunizada, de que os turistas que nos visiten reciban a vacina a través deste seguro