Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Igualdade:

21/04/21 | 11:30

O Plan básico municipal do concello de Padrenda sométese desde hoxe a información pública por un período de dous meses

Todas as persoas ou entidades interesadas en participar no proceso poden presentar xa as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o 30 de marzo

20/04/21 | 15:09

O decreto que crea e regula o novo informe de avaliación de edificios residenciais entrará en vigor dentro dun mes

Esta análise será un requisito obrigatorio para todos aqueles inmobles de tipo residencial colectivo que foran edificados hai 50 anos ou máis

20/04/21 | 14:54

Medio Ambiente analiza a idoneidade do ámbito proposto para a ampliación do parque empresarial do Carballiño

O organismo autonómico ten que tramitar a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais para incluír no mesmo a prevista ampliación

20/04/21 | 13:57

A Xunta concedeu máis de 60.000 euros en 21 axudas para a conservación e mellora de árbores e formacións senlleiras

Un total de 5 concellos e 11 particulares ou entidades xurídicas obtiveron incentivos para executar intervencións que garantan as condicións polas que foron declaradas como singulares

20/04/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que os particulares poden solicitar desde hoxe as axudas da Xunta para renovar os electrodomésticos dos seus fogares

O delegado territorial da Administración galega explicou que as achegas oscilan entre os 100 e os 450 euros e prestan especial atención aos consumidores máis vulnerables

19/04/21 | 14:41

Xunta e Concello da Coruña apostan polo Programa Rexurbe para revitalizar o centro histórico pola vía da rehabilitación

Dos 1,5 millóns de euros que destinará este ano o IGVS ao programa, 1 millón está reservado á adquisición de inmobles deteriorados na cidade herculina

17/04/21 | 12:20

A Xunta licita por 390.000 euros a mellora da contorna da Igrexa de Torroso no concello de Mos

Grazas a esta actuación reforzase a accesibilidade e a funcionalidade de 2.750 m2 deste ámbito na parroquia de San Mamede

16/04/21 | 15:03

A Xunta lamenta que o ministerio siga a obviar a postura de 11 autonomías e manteña a súa decisión de incluír o Lobo no listado de especies de protección especial

Belén do Campo indicou que a Conferencia Sectorial non serviu para acadar puntos en común, nin para abrir un diálogo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico coas comunidades lobeiras

14/04/21 | 22:28

Un total de 11 autonomías esixen ao estado que rectifique e pare a inclusión do lobo no listado de especies de protección especial

Lamentan a falta de diálogo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico coas comunidades lobeiras nun asunto clave para os seus territorios

14/04/21 | 16:37

Sogama reduciu o depósito directo de residuos en vertedoiro nun 98% durante a última década

Ángeles Vázquez destaca que as toneladas enviadas a vertedoiro reducíronse das 311.479 toneladas rexistradas en 2011 ás 5.463 do pasado ano