Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Formación:

15/07/20 | 14:51

Os grupos de acción local do sector pesqueiro avanzan na inclusión social cun proxecto de cooperación na costa galega

O proxecto Tanza busca promover unha maior empregabilidade de colectivos de inclusión social en actividades vinculadas coa economía do mar

10/07/20 | 15:19

Galicia lanza os apoios do plan ‘Avantemar’ para as redeiras e para a frota que estivo operativa durante a alerta sanitaria polo coronavirus

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde que establece os requisitos para que os pesqueiros que seguiron faenando durante a pandemia e as redeiras poidan acceder ás medidas previstas para eles no plan deseñado pola comunidade para reactivar o complexo mar-industria

10/07/20 | 10:42

O centro de formación A Aixola retoma a súa actividade no mes de agosto ofertando un cento de prazas en oito novos cursos

O inicio da actividade formativa estaba prevista para o pasado mes de abril pero tivo que aprazarse como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus

08/07/20 | 15:00

Galicia participa nun estudo da Comisión Europea que constata que a Planificación Espacial Mariña aumenta a seguridade xurídica no uso do espazo oceánico

O Centro Tecnolóxico do Mar avaliou xunto a Universidade de Vigo, Cogea, Poseidón e Seascape Belgium, os beneficios que implica o desenvolvemento de plans espaciais marítimos para sectores específicos da economía azul

07/07/20 | 13:02

Galicia pon á disposición das confrarías e entidades xestoras de lonxas 600.000 euros para paliar a caída de ingresos durante a crise do coronavirus

Esta medida está incluída no plan ‘Avantemar’ e sairá publicada no ‘Diario Oficial de Galicia’ nos próximos días para compensar o 70% das perdas de ingresos rexistradas durante o estado de alarma por estas entidades nas tarifas que lles corresponden pola poxa ou venda de produtos do mar

06/07/20 | 13:39

O sector dedicado ao cultivo de produtos do mar disporá de seis millóns de euros de apoios en 2021 para compensar a perda de ingresos deste ano pola covid-19

Esta medida está incluída no plan ‘Avantemar’ e derívase ao próximo ano para que poida atender os danos de todo o exercicio, tanto os causados durante a pandemia como os provocados pola saturación dos mercados unha vez levantado o estado de alarma

06/07/20 | 13:30

Medio Ambiente realiza unha solta de 100 troitas no couto de Verdes para contribuír a preservar o ecosistema do río Anllóns

A conselleira Ángeles Vázquez subliñou esta mañá que con este tipo de accións tamén se axuda a conservar a especie e se garante o futuro da pesca fluvial

01/07/20 | 13:31

Galicia amplía en preto de 680.000 euros o crédito das axudas á modernización de equipamentos nos portos e nas lonxas

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a orde a través da que se incrementa o importe destinado á convocatoria de 2020 destas achegas, que pasa a ser dun total de máis de 3 millóns de euros

30/06/20 | 13:55

As empresas galegas de transformación do sector do mar disporán de 8 millóns de euros de apoios en 2021 para compensar a caída de ingresos deste ano pola covid-19

Esta medida está incluída no plan ‘Avantemar’ e derívase ao próximo ano de acordo coa petición da industria para que poida atender os danos de todo o exercicio, tanto os causados durante a pandemia como os provocados pola saturación dos mercados unha vez levantado o estado de alarma

30/06/20 | 10:20

Mañá comeza a campaña extractiva do polbo, da nécora e do lumbrigante en Galicia

A campaña do polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2021, que se fixará no correspondente plan e se publicará antes da seguinte veda