Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

05/05/21 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Comisión Interdepartamental en materia de educación e saúde comeza a traballar nos retos do vindeiro curso escolar

As consellerías de Sanidade e Educación acordan crear dous grupos para desenvolver accións de benestar emocional e hábitos saudables no alumnado

05/05/21 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita obras de reforma no IES de Monterroso, que contan cun orzamento de case 200.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a actuación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que dá resposta ás necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas dos centros educativos

05/05/21 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta outorga máis de 70.000€ en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e a mellora de coleccións a 37 bibliotecas das bisbarras de Pontevedra, Caldas e O Salnés

O delegado territorial, Luis López, informa desta liña de achegas nunha visita á Biblioteca Municipal de Cuntis xunto ao alcalde, Manuel Campos

05/05/21 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O adianto dos exames de recuperación en 2º de bacharelato supuxo un incremento do 6% na porcentaxe de aprobados

A Consellería de Educación aborda cos representantes das familias diferentes cuestións de relevancia para a planificación do próximo curso

04/05/21 | 19:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta e as tres universidades galegas asinan o acordo para impartir na Comunidade os títulos interuniversitarios de Grao e Máster en Intelixencia Artificial

Feijóo precisa que tanto o máster como o grao impartiranse nas tres universidades públicas galegas, onde actualmente se están ofertando os graos de Enxeñaría informática

04/05/21 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e os decanos de Ciencias da Educación analizan as melloras que suporá o Plan de nova arquitectura pedagóxica

O conselleiro Román Rodríguez subliña que o reto é reforzar un novo modelo de colexios e institutos cunha orientación educativa, enfocada á transformación dixital e á aprendizaxe por proxectos, con espazos interactivos e máis amplos e cómodos

02/05/21 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Alcohol y Sociedad colaboran para a prevención do consumo entre o alumnado de secundaria

Desenvolverase un proxecto piloto con centros educativos de Santiago, coa previsión de amplialo durante catro cursos ao resto de Galicia

01/05/21 | 10:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o concurso Eduemprende Idea 2021, para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado

Está dirixido a estudantes matriculados nas ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño

30/04/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia un investimento de 187.000 euros na renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe o centro escolar en compañía dos técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para informar á dirección deste centro pontevedrés dos traballos que se van a realizar

30/04/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta crea un grupo de traballo no seo do comité educativo para desenvolver o Plan Recupera de apoio escolar

O conselleiro Román Rodríguez explica que este equipo definirá as estratexias de reforzo académico a poñer en marcha co obxecto de minimizar o impacto da pandemia nos estándares de calidade e equidade do sistema educativo galego