Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

10/06/21 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes e autónomos a aproveitar o terceiro Plan de Rescate autonómico para impulsar a súa recuperación tras a pandemia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu este mediodía en Santiago a un webinario organizado por AJE Galicia para destacar este novo plan que sairá publicado mañá no DOG

10/06/21 | 15:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 M€ e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 M€

Feijóo salienta que a Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos neste eido e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado

10/06/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 900.000 euros a impulsar catro novos viveiros de empresas na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os concellos de Paradela, O Corgo, Monforte de Lemos e Bóveda habilitarán espazos para poñer a disposición de emprendedores co apoio do Goberno galego

09/06/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 463 establecementos da cidade da Coruña adheríronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha pola Xunta para fomentar as compras de proximidade

A maioría dos comercios que se uniron a esta iniciativa pertencen ao sector textil e de calzado; aínda que tamén teñen gran presenza as librarías; salóns de peiteado e barberías; e os establecementos de venda de electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico

08/06/21 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a automatización, a dixitalización e a sostibilidade como factores clave para impulsar a industria 4.0 en Galicia

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou hoxe en Barcelona na inauguración da quinta edición de ‘Advanced Factories’

06/06/21 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha o Plan de inspección de seguridade industrial co que levará a cabo máis de 1500 controis este ano

A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial

05/06/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Un total de 74 tendas de Monforte de Lemos participan no Bono Activa Comercio da Xunta ao que xa se sumaron 1600 veciños e veciñas

Galicia conta con 5260 comercios e 132.000 bonos descargados, dos que 17.600 proceden da provincia de Lugo

05/06/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Oito de cada dez establecementos hostaleiros da cidade de Vigo recibiron axudas directas nos dous primeiros plans de rescate da Xunta por valor de preto de 8 millóns de euros

O 1º e o 2º plans de rescate promovidos pola Xunta inxectaron á hostalaría da área viguesa 12,9 millóns de euros, atendendo a un total de 5.914 solicitudes

04/06/21 | 16:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso por facer de Galicia un territorio seguro para vir, estar e para desfrutar, con medidas como o Seguro Covid, que entrou en vigor esta semana

Expresa a posibilidade, unha vez que toda a poboación galega estea inmunizada, de que os turistas que nos visiten reciban a vacina a través deste seguro