Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

09/08/21 | 10:20 | C. do Medio Rural

A Xunta formará a máis dunha trintena de persoas en Monforte de Lemos sobre aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios

As accións formativas, que están organizadas a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebraranse a partir do vindeiro luns 16

08/08/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

Preto de 2.000 apicultores galegos benefícianse este ano das axudas da Xunta por valor duns 1,3 millóns de euros

Estas achegas teñen como obxectivo mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

08/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre prevención de ataques de lobo á gandaría en Castro Caldelas

A acción formativa ten previsto impartirse na Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Castro Caldelas dende o 16 ata o 18 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas

07/08/21 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o gando equino como xerador de riqueza en Galicia e resalta a aposta de Equiocio polas actividades adaptadas ás persoas con discapacidade

José Balseiros destacou a importancia histórica dun sector que soubo adaptarse ao seu tempo, evolucionando dende un papel inicial de forza de traballo e transporte cara unha orientación noutros ámbitos empresariais, entre eles o deporte

07/08/21 | 12:11 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Parada de Sil unha formación sobre planificación e deseño das plantacións do castiñeiro de froito

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) é a encargada de levar a cabo esta acción formativa que ten previsto desenvolverse o vindeiro venres 13 no salón de actos deste concello ourensán en horario de 10:00 a 14:00 horas

06/08/21 | 21:31 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por vincular os viños galegos con eventos recoñecidos como a Festa da lamprea de Arbo para consolidalos nos diferentes mercados

José González destacou algunhas das medidas da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que avoga por vencellar os nosos viños e o enoturismo coa gastronomía e con eventos de interese

06/08/21 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello do Incio estudan novas actuacións na contorna da aldea modelo de Trascastro

Inés Santé comprobou o estado duns muíños situados na propia aldea, así como un sendeiro ao longo do río que rodea Trascastro

05/08/21 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC en Friol

A acción formativa desenvolverase o vindeiro xoves 12 no Centro Sociocultural deste concello lucense en horario de 15:45 a 20:45 horas

05/08/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta ten distribuídos sobre o terreo 35 tractores para rozar 5.000 hectáreas dentro da prevención de incendios forestais

Os restantes 18 tractores están a traballar nos diferentes distritos forestais da nosa comunidade

04/08/21 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta Conta Láctea, a aplicación creada para aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre os prezos do leite

Esta ferramenta, posta en marcha polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras