Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

20/05/21 | 17:30 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 340.000 euros da medida Leader a dinamizar a economía da Mariña lucense mediante o impulso do turismo e do tecido produtivo local

No marco da visita, Inés Santé tamén estivo nunha carpintería metálica e nunha casa de turismo rural que recibiron achega da Consellería do Medio Rural

20/05/21 | 16:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o Programa Camiño Seguro perante as comunidades autónomas polas que discorren as rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro presidiu en Fitur 2021 un encontro con representantes dos territorios do Estado que contan con tramos do Camiño

20/05/21 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma en Fitur 2021 o seu apoio á hostalería lucense e salienta o esforzo do sector para avanzar na recuperación

O vicepresidente primeiro recordou que Galicia está preparada para a reactivación económica da man do Xacobeo e do turismo de calidade

19/05/21 | 20:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor presenta en Fitur o Barbanza como un destino seguro para disfrutar da natureza, da gastronomía e da nova aventura xacobea "A Orixe"

O delegado da Xunta na Coruña participou na presentación “O itinerario cultural a Santiago da Ría Muros-Noia” e na ponencia “A orixe”

19/05/21 | 19:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda resalta en Fitur o papel dos guías turísticos como embaixadores de Galicia como destino seguro e de calidade neste Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta interviu no acto organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia en Fitur, onde destacou o apoio da Xunta ao colectivo para fomentar produtos turísticos vinculados ao Camiño de Santiago e ao Ano Santo

19/05/21 | 18:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo fomento do turismo de calidade e sostible vencellado ao Camiño de Santiago e o Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, interviu no acto en Fitur sobre a marca Mar de Santiago por parte dos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Pontecesures e Valga, que a Xunta apoia debido á súa oferta diferenciada e como modelo de turismo tranquilo e seguro

19/05/21 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como referencia de eventos deportivos de ámbito internacional en un entorno seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou na presentación da edición de 2021 desta competición de surf a súa importancia para dar a coñecer Galicia e a comarca de Ferrolterra como destino turístico noutros países

19/05/21 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur a oferta turística de natureza do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a colaboración do Goberno galego para dar a coñecer os recursos desta zona, que permiten ofrecer un turismo de calidade e dar resposta á demanda dos viaxeiros que están a buscar destinos sen masificacións e en contacto coa natureza

19/05/21 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias confía en que Fitur sirva para “relanzar o Xacobeo 21-22 e apuntalar a nosa posición como destino turístico seguro”

O delegado territorial da Xunta participará en diversos actos promocionais da provincia de Lugo “incidindo no esforzo realizado polo sector e na oferta de cultura e natureza coa que invitamos á desconexión”

19/05/21 | 13:33 | A Presidencia da Xunta

Feijóo sinala que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade

Afirma que co Ano Santo, Galicia abre a porta ao viaxeiro e convértese no “mellor lugar do mundo”, con escenarios únicos que se atopan na súa costa e nun patrimonio “que queremos seguir proxectando ao mundo”, di, referíndose ao paraíso natural de Cíes-Illas Atlánticas, á Ribeira Sacra ou ao Ferrol da Ilustración