Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

27/07/20 | 15:21

A Xunta aclara que as manchas vermellas rexistradas estes días en distintos puntos da costa galega son un fenómeno natural e totalmente inocuo

A Consellería do Mar lanza unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía e subliña que se trata dun episodio provocado pola presenza dun organismo microscópico denominado ‘Noctiluca scintillans’, que non ten efectos negativos nin nas persoas nin nos recursos mariños

24/07/20 | 12:36

A Xunta establece a veda do choco na ría de Arousa entre o 1 de agosto e o 31 de outubro

Queda expresamente prohibida neste período a captura desta especie por medio de calquera arte e tamén para a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores desta área costeira

23/07/20 | 14:28

A Xunta agradece o esforzo dos produtores de mexillón durante a crise do coronavirus e destina 16 millóns a apoios ao sector acuícola entre 2020 e 2021

Rosa Quintana lembra que os bateeiros mantiveron a súa actividade a pesar do estado de alarma para subministrar alimento á cidadanía e que a Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) desenvolveu unha campaña de recadación de fondos en favor do Servizo Galego de Saúde en plena pandemia

22/07/20 | 14:08

Galicia pide ao Goberno central que non desmantele o Instituto Español de Oceanografía integrándoo no Consello Superior de Investigacións Científicas

A conselleira do Mar en funcións puxo en valor o labor fundamental do IEO na toma de decisións sobre a xestión das pesqueiras a na defensa dos intereses da frota galega e española ante as institucións europeas

22/07/20 | 12:28

Rosa Quintana salienta a aposta da frota de Burela por dar valor aos produtos do mar e que obteñan un prezo acorde á súa calidade

A titular de Mar en funcións destaca que a pescada e o bonito de Burela aportan valor engadido ao sector, son unha mostra da aposta pola sustentabilidade pesqueira e teñen unha calidade e sabor inigualables

22/07/20 | 11:11

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora de pantaláns en oito peiraos da provincia da Coruña

Portos de Galicia vén de iniciar a licitación dos traballos en Muros, Corme, Pontedeume, Fisterra, O Freixo, Miño, Betanzos e Corcubión cun orzamento de 1,5 millóns de euros

21/07/20 | 18:25

A Xunta expón ao sector un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión

Rosa Quintana mostrou o documento elaborado polos técnicos de Portos de Galicia durante unha reunión de traballo

21/07/20 | 11:10

Gardacostas requisa máis de 1.600 útiles de pesca, unha embarcación e arredor de 340 quilos de distintas especies de peixe e marisco

A maioría dos útiles, 1.087, requisáronse na ría de Vigo, onde só na Guarda os axentes incautaron 800 cacharros debido a que son útiles ilegais

20/07/20 | 11:13

A Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Vilanova de Arousa

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería