Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

12/06/20 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta a corresponsabilidade coas axudas por redución de xornada para homes e familias monoparentais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que impulsan a conciliación da vida familiar e laboral ao permitir aos beneficiarios a redución de xornada para coidar aos seus fillos e fillas menores de 3 anos

11/06/20 | 17:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da igualdade

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na presentación de Irene Vilaboa como adestradora do equipo de balonmán

05/06/20 | 16:48 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a economía social será un motor da reactivación económica polo seu compromiso coas persoas e o traballo inclusivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde no III Foro Medrando Xuntas que reuniu, de xeito telemático, a un centenar de mulleres vinculadas á economía social galega

05/06/20 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reitera o apoio ao fomento do empoderamento feminino e o liderado das mulleres rurais

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha reunión por videoconferencia coa coordinadora do grupo Mulleres de Seu, Carmen Rodríguez

03/06/20 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o traballo das asociacións rurais para fomentar a participación social das mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais (Agamur), Eugenia Medina

01/06/20 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por garantir a atención ás vítimas de explotación sexual e de trata

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes da Rede Galega contra a Trata

29/05/20 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha un plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma e mantén todas as axudas e recursos destinados ao seu apoio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Coruña, Ovidio Rodeiro, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos 29 Centros de Información á Muller (CIM) da provincia

28/05/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a adoptar e reforzar as medidas e axudas destinadas á atención das vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos 17 CIM da provincia

27/05/20 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha un Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma e mantén todas as axudas e recursos destinados ao seu apoio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos dez Centros de Información á Muller (CIM) da área territorial