Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/08/21 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un curso en Ribadumia sobre a comercialización de produtos de viticultura ecolóxica

A acción formativa ten previsto desenvolverse os vindeiros días 26 e 27 de agosto na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Evega, en horario de mañá e tarde

17/08/21 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha terceira edición do curso sobre aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios en Monforte de Lemos

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrarse a partir do vindeiro venres día 24

16/08/21 | 10:55 | C. do Medio Rural

A Xunta formará en Castroverde a profesionais do sector agrario sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC

A acción formativa ten previsto desenvolverse o vindeiro luns día 23 no salón de actos do CPI de Castroverde en horario de 15:45 a 20:45 horas

15/08/21 | 14:03 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza o seu apoio ao centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla de Moeche contribuíndo á súa promoción entre os produtores

A Consellería do Medio Rural xa sufragara o proxecto de execución básico da rehabilitación dunha nave para facer realidade este centro, así como parte das obras a través da medida Leader, investindo en total máis de 130.000 euros

15/08/21 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos un curso sobre tratamentos fitosanitarios ecolóxicos con drons en oliveiras

A acción formativa ten previsto impartirse o vindeiro sábado 21 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas

14/08/21 | 20:31 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 205 hectáreas, das que 190 son arboradas e o resto de monte raso

14/08/21 | 11:56 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha formación en Castro Caldelas sobre a aplicación e a manipulación de produtos fitosanitarios

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrarse a partir do vindeiro venres día 20

13/08/21 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta formará a unha quincena de persoas en Abegondo sobre a aplicación e a manipulación de produtos fitosanitarios

O curso, organizado a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrarase a partir do vindeiro martes día 17

12/08/21 | 16:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Ribeira Sacra reúne máis da metade da superficie demandada polas denominacións de orixe vitivinícolas para polígonos de viñedo

Esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 5.800 hectáreas de terras en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos

12/08/21 | 10:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 600.000 euros en axudas para realizar actividades de interese agrario, un importe que duplica o da convocatoria anterior

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas, dirixidas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias