Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

04/03/20 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a inscrición para promover o voluntariado nos camiños de Santiago

As persoas que participen acompañarán aos peregrinos nas visitas a igrexas e outros monumentos da zona, e tamén lles informarán sobre aspectos culturais e servizos de interese que existan, como albergues ou oficinas de información

04/03/20 | 12:50 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e "la Caixa" reforzan a súa colaboración cun novo convenio cunha partida específica de 5 millóns de euros para o patrocinio do Xacobeo 2021

Con esta sinatura, “la Caixa” dedicará a acción social na Comunidade máis de 13 millóns, en 2020, para colaborar na mellora das condicións de vida da infancia máis vulnerable, das persoas maiores e dos colectivos en risco de exclusión, entre outros

03/03/20 | 19:52

Román Rodríguez reivindica o papel das institucións académicas como centros de coñecemento de cara ao próximo Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo participou hoxe no acto de incorporación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, á Academia Xacobea

02/03/20 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

O Xacobeo 2021 aposta pola diversidade no que será o Ano Santo máis inclusivo dos celebrados ata o momento

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, mantiveron hoxe un encontro de traballo con entidades do ámbito da discapacidade

02/03/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago, ao seu paso pola rúa Escurridía e a Ponte Vella

Esta actuación dispón dun investimento de preto de 245.000 euros, no que se inclúe o pagamento dos terreos necesarios para executar esta actuación en Conxo

01/03/20 | 15:10

Veciños dunha vintena de concellos peregrinan polo Camiño de Santiago con ‘O teu Xacobeo’

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, recibiu hoxe aos veciños da Pobra do Brollón que completaron o tramo entre Rodeiro e Palmaz

29/02/20 | 13:11

O Camiño de Inverno, protagonista da mostra fotográfica da asociación Alumni USC

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu á apertura desta exposición, composta por 50 imaxes realizadas ao longo de toda esta ruta

28/02/20 | 18:19

A Xunta traslada aos 14 concellos do Camiño de Inverno as propostas de mellora e sinalización nesta ruta na antesala do Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo hoxe un encontro con representantes dos municipios deste itinerario para expoñer o proxecto antes da súa licitación

28/02/20 | 14:39

A rodaxe de '3 Caminos', a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021, chega á Praza do Obradoiro

O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu á gravación, na que estiveron presentes os protagonistas da serie Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigh, Andrea Bosca e Alberto Jo

27/02/20 | 16:40

Román Rodríguez aposta polo turismo intelixente e innovador como clave de desenvolvemento do sector nos próximos anos

O conselleiro de Cultura e Turismo clausurou a I Xornada Turismo&Tecnoloxía organizada polo Clúster TIC e o Clúster Turismo de Galicia coa participación de diferentes expertos para analizar a adaptación do sector á realidade dixital