Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

21/05/21 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand de Galicia rexistra o maior número de actividades en Fitur e esperta o interese dos operadores presentes na feira

No pavillón galego celebráronse preto dun centenar de reunións profesionais e contactos con operadores de todo o mundo

21/05/21 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca en Fitur o enorme potencial da Ribeira Sacra á que sitúa como un referente do patrimonio e a natureza

Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participaron na presentación de ‘Agora si, mereces un respiro’ organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

21/05/21 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia revalida o seu posto como a segunda comunidade con máis distintivos que a consolidan como un destino turístico de calidade

O ICTE entregou en Fitur as Q de Calidade Turística deste ano, das que case 300 corresponden á comunidade galega

21/05/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur o percorrido de la Vuelta 21 en Galicia nunha edición especial que remata no Obradoiro neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a competición converterase nun escaparate perfecto para dar a coñecer a comunidade como destino turístico a nivel internacional neste Ano Santo Dobre

21/05/21 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Ourense felicita aos responsables do ‘Xeodestino Celanova - Serra do Xurés’ por poñer en marcha o Geocaching

Gabriel Alén adiantou que as accións que contemplará o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para este ano 2021, tralo consenso dos alcaldes na reunión do pasado 8 de abril en Celanova vai por bo camiño

20/05/21 | 20:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia traspasa a Cantabria a coordinación da marca turística España Verde no marco da celebración de Fitur 2021

Asinouse un protocolo para levar adiante actuacións conxuntas en colaboración con Turespaña que permitan realizar promocións conxuntas e comercialización de produtos comúns que axuden na recuperación do sector

20/05/21 | 18:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola reactivación do sector das feiras coa presentación de Turexpo 2021 en Fitur

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que ademais este ano a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, chega á súa 43ª edición

20/05/21 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola reactivación do turismo termal do que destaca a calidade da súa oferta e a súa capacidade de desestacionalización

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe na presentación da 20 edición da Feira Internacional de Turismo, Termal, Saúde e Benestar Termatalia que acollerá Expourense o 16 e o 17 de setembro

20/05/21 | 17:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita o apoio do Goberno central ao Xacobeo e reivindica Galicia como destino seguro

Galicia participou no pleno do Consejo Español de Turismo (Conestur) que se celebrou esta mañá en Fitur 2021