Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

22/04/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 1 M€ nas novas sendas na Medorra e Paiseo, no Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cuxas obras se licitan hoxe e se inician en outono

Actuarase na marxe esquerda da vía autonómica, nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, ofrecendo unha importante mellora da seguridade viaria e da mobilidade aos veciños destes tres municipios, ao tempo que revalorizan a zona

21/04/22 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza cunha achega de máis de 40M€ novos proxectos para Vigo como a rehabilitación dos xulgados da rúa Lalín, o novo IES de Navia e a humanización da fachada marítima

Entre as actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anuncia o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago

21/04/22 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova senda na estrada PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín, que supoñen un investimento de 650.000 euros

Esta intervención, cun prazo de execución de 9 meses, ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na contorna, favorecer os desprazamentos a pé dos veciños e fomentar a mobilidade sostible

21/04/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa ao alcalde de Laxe do inicio en maio das obras das sendas de Soesto e de Serantes, nas que a Xunta investirá máis de 310.000 €

?      Executaranse algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433, conectando pola marxe esquerda os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto, e pola dereita Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio

21/04/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 470.000 € as obras da nova senda na estrada AC-214, no treito entre A Xira e Cambre

?      Estas actuacións para favorecer a mobilidade segura e sustentable contan cun prazo de execución de 8 meses

21/04/22 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa favorablemente a descatalogación do edificio de correos na zona da intermodal

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dá vía libre á modificación do PXOM que afecta á obra na contorna da estación de ferrocarril

21/04/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas de empresas para executar as obras de conservación da ponte Ceilán na Ac-550 ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, cun investimento de 505.000 €

Con estes traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, reforzarase a seguridade do peón mediante a substitución da varanda actual por unha nova

21/04/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporá un investimento autonómico de 445.000€

O obxectivo é iniciar as obras en setembro e que a comezos de 2023 estean rematadas para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

21/04/22 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 11 empresas para executar a mellora do firme na autovía AG-64 ao seu paso por Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, cun investimento de 1,5 M€

As obras terán un prazo de execución de seis meses e centraranse no acondicionamento e rehabilitación de firme nos primeiros 40 quilómetros da autovía que une Ferrol e Vilalba

20/04/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia traballos de campo para avaliar a calidade dos servizos de transporte público nos que se potencia a participación cidadá

?      A campaña dá continuidade á iniciativa posta en marcha o ano pasado por primeira vez en todo o territorio da comunidade e terá unha duración de 7 semanas