Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde pon en valor o talento das mulleres para liderar a recuperación económica e acadar unha Galicia máis feminina
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Lugo nun networking con motivo do programa Son Executiva no que participan 400 mulleres co obxectivo de impulsar os seus proxectos empresariais
O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral
Feijóo pon en valor o papel da muller emprendedora, piar clave para a economía galega
Salienta que o 57,7% da actividade emprendedora en Galicia lidérana mulleres, sendo a galega a terceira comunidade con maior taxa de actividade emprendedora feminina
A Xunta colabora coas entidades sen ánimo de lucro en programas de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria, que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A Xunta avoga polo empoderamento das mulleres con discapacidade para avanzar cara a unha igualdade real
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), Mónica Álvarez, e co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga
A Xunta incide no papel dos medios de comunicación para fomentar a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou esta tarde na clausura do Congreso Atlántico de marketing dixital Flúor, que se celebrou en formato en liña
A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI
A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con responsables de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI do Ministerio de Igualdade e das comunidades autónomas
A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro
O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero
As mulleres que sofren violencia de xénero poden acadar a través deste apoio maior autonomía e independencia económica, así como máis opcións dunha inserción laboral estable para a súa integración plena no ámbito económico e social
A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas casas de acollida a vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller
A secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo unha xuntanza coa delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell