Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

09/04/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova as súas axudas a concellos e entidades sen fin de lucro para apoiar programacións culturais de carácter afeccionado

Últimos días para participar na convocatoria anual que conta cun investimento de 50.000 euros, da que o ano pasado se beneficiaron unha ducia de iniciativas

08/04/22 | 18:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que as homenaxes a Laxeiro deste ano estean a converterse nun xusto recoñecemento ao legado do autor

Agradece a implicación das entidades e institucións que participan na programación conmemorativa a través de exposicións, propostas académicas e didácticas

08/04/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fundación Paideia e Xunta abren a nova convocatoria do certame Sonidos Mans para bandas emerxentes

É unha das accións inseridas na colaboración que manteñen ambas as entidades a prol dunha maior proxección e profesionalización da música emerxente

07/04/22 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación ”La Caixa” exhiben no Museo Gaiás unha escolma da arte surrealista máis destacada dos últimos 100 anos e icónicas pezas de deseño do Vitra Design Museum alemán

Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 inclúe 280 obras de pintura, escultura, obxectos ou fotografías, asinadas por Man Ray, Dalí, Gaudí, Le Corbusier, De Chirico, Ray Eames ou Frederick Kiesler, entre outros

07/04/22 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central unha maior flexibilidade para non poñer en risco a execución dos fondos europeos destinados ao patrimonio cultural

Lamenta que, tras meses de negociación para encaixar os proxectos, haxa atrancos con criterios “ríxidos e dirixistas que coartan os plans das comunidades autónomas”

07/04/22 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a primeira edición do novo fondo de proxectos culturais ‘Tece redes en galego’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta nova iniciativa, dotada con 500.000€ ,que amplía as iniciativas dos últimos anos

06/04/22 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director de Industrias Culturais da Xunta subliña a aposta pioneira do Carballo Interplay polos contidos dixitais

Jacobo Sutil participou hoxe na apertura da novena edición do festival, que congrega ata o 9 de abril algunhas das máis destacadas voces do panorama dixital e audiovisual español

06/04/22 | 19:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia en Lalín a itinerancia da mostra conmemorativa do ano Laxeiro para homenaxear a un dos maiores xenios da arte galega na súa vila natal

‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’, que pode visitarse ata o 5 de xuño, poderá verse despois en Madrid, Santiago de Compostela e París

06/04/22 | 15:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as compañías galegas a presentar os seus espectáculos para Galicia Escena PRO 2022

O mercado galego de artes escénicas reunirá os profesionais do sector en distintos espazos de Santiago de Compostela do 6 ao 9 de xuño