Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

05/08/20 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 30.000 euros a un programa da asociación de mulleres en igualdade de Vigo para concienciar sobre a violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, reuniuse hoxe por videoconferencia con representantes da organización

03/08/20 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros a financiar programas de conciliación en 122 concellos

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Palas de Rei unha das iniciativas que se financian ao abeiro desta liña de axudas

28/07/20 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o orzamento destinado a financiar programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta ampliación de crédito de algo máis de 24.000 euros para atender a toda as solicitudes

27/07/20 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

22/07/20 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Continúa aberto o prazo para solicitar axudas do programa Emega de fomento do emprendemento feminino

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe nunha xornada online sobre este programa organizada pola Cámara de Comercio de Santiago

15/07/20 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Universidade de Santiago presentan as axudas do programa Emega deste ano para incentivar o fomento do emprendemento feminino

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presentarán hoxe o programa Emega para este ano que conta cun 4% máis de orzamento

13/07/20 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación das axudas dirixidas aos concellos galegos para a promoción da igualdade

A dotación amplíase en máis de 215.000 euros para o programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar acadando un orzamento global de 6,6 millóns de euros

09/07/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da formación para potenciar o liderado feminino no ámbito empresarial

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Santiago de Compostela nun networking con motivo do programa Son Executiva no que participan 400 mulleres co obxectivo de impulsar os seus proxectos empresariais

09/07/20 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social das mulleres a través do emprendemento feminino

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe no “XXI Encontro entre Emprendedoras e Empresarias” da Fundación Mulleres, que nesta edición abordou o impacto da covid19 no emprendemento

06/07/20 | 10:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar