Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

16/04/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha vintena de profesionais formaranse a partir de xuño nos museos xestionados pola Xunta

A listaxe de persoas beneficiarias da medida, cun orzamento total de 114.000 euros, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia

14/04/22 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os museos da Xunta suman máis de 10 exposicións temporais para visitar nesta Semana Santa

    ‘O Camiño portugués. Memoria de mar e pedra’ despídese esta fin de semana na Cidade da Cultura, onde vén de abrir ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924-2020’ con pezas de Man Ray, Salvador Dalí ou Le Corbusier, entre outros

13/04/22 | 15:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez recibe ao propietario do microscopio naturalista único en España que vén de ser protexido pola Xunta como Ben de Interese Cultural

A peza, unha das nove que se conservan en todo o mundo, foi creada por Antony Van Leeuwenhoek, considerado hoxe o pai da microbioloxía

13/04/22 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o 'IV Concurso de Podcasts-Radio na Biblio', centrado na figura de Florencio Delgado Gurriarán

O certame dedícase cada ano á persoa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas

13/04/22 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 30 entidades galegas mellorarán os seus fondos documentais coas axudas para arquivos da Xunta

Os 145.000 euros previstos para a medida distribuiranse entre 20 entes locais e sete entidades sen fin de lucro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia

12/04/22 | 16:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora a Irlanda ao seu programa de intercambio literario e reforza a proxección exterior das Letras Galegas

Tras Xeorxia o ano pasado, nesta edición a convocatoria diríxese a escritores galegos e irlandeses que realizarán a súa estadía na Residencia Literaria 1863 da Coruña e no Tyrone Guthrie, centro empregado desde hai anos como retiro artístico

12/04/22 | 12:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estrea no Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' con dirección e dramaturxia de Marta Pazos

O Salón Teatro acolle este xoves a función inaugural da montaxe cun elenco integrado por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado.

11/04/22 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova o seu apoio ao festival RESIS, que reunirá na Coruña ata xuño destacados intérpretes de música contemporánea internacionais

O Museo de Belas Artes acollerá en maio a estrea en España de varias pezas musicais pertencentes a Yoko Ono e Georges Aperghis, entre outros artistas

11/04/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo para a incorporación de novos centros ao modelo de ensino plurilingüe para o vindeiro curso

Teñen ata o 30 de abril para solicitar implantar este modelo nas etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato

10/04/22 | 15:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José Cela

O obxectivo é a musealización da peza principal do Museo do Ferrocarril, situado na casa natal do Nobel galego, en Padrón, cun investimento de 45.000 €