Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

30/05/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza o martes as obras de sinalización das Rutas do Viño da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras

O Goberno galego inviste 322.000 euros nesta actuación para actualizar os indicadores nos establecementos e concellos que atravesan estas rutas coa unificación e sinalización dos paneis, ademais de reforzar as indicacións nos lugares emblemáticos ou nos que inducen a erro

29/05/21 | 12:15 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta instala a plataforma dixital de información en cinco novas oficinas de turismo de Santiago, A Coruña e Vigo

Os equipos, que poderán recoller datos sobre o grao de interese dos visitantes, informan e poñen en valor campañas, produtos, servizos, recursos e eventos turísticos

28/05/21 | 19:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Padrón acolle o último showcooking do proxecto Saborearte de "O Teu Xacobeo" dirixido á promoción do Camiño Portugués da Costa

Tralo remate das xornadas de cociña en directo a actividade en xuño cunha mostra fotográfica coas imaxes obtidas durante os encontros

28/05/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a marca de Galicia como destino seguro cunha nova edición dos trens turísticos que contará con 11 rutas para descubrir a comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, presentaron este produto turístico, no que tamén participa o Inorde, e que se recupera con tódolos protocolos ante a covid-19

28/05/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un Congreso Mundial sobre o Xacobeo que Galicia acollerá a próxima semana e contribuirá a manter viva a cultura arredor do Camiño

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe xunto ao presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, este evento presidido polo rei Felipe VI que se celebrará a próxima semana entre Santiago e Padrón

27/05/21 | 20:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do Rally Terra da Auga para promocionar o Camiño de Santiago este Xacobeo e Galicia como destino seguro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación oficial da proba que se celebrará a próxima semana e incidiu en que Galicia tamén é un destino preferente para o turismo deportivo ao acoller probas de primeiro nivel

27/05/21 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva a aula gastronómica Galicia Calidade a Pontedume da man do cociñeiro Adrián Felípez

Ao redor de 20 alumnos e alumnas do IES Fraga do Eume participaron na ‘masterclass’ impartida polo cociñeiro de Carballo

27/05/21 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca o liderado nacional en calidade turística de Galicia que en 2020 chegou ao seu máximo histórico en certificacións Q

A directora de Turismo de Galicia compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta da evolución do noso territorio no camiño da excelencia turística

26/05/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama ao Goberno central que cumpra o seu compromiso e apoie cun investimento claro o Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou hoxe no Parlamento galego que o Ministerio de Turismo só anunciou o Plan Nacional do Xacobeo, sen concretar orzamento nin actuacións