Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

19/05/21 | 13:59

A Xunta aprobará o Plan reitor do Parque Natural de Corrubedo este mesmo mes

Ángeles Vázquez avanza esta ferramenta de usos e ordenación deu o último paso para a aprobación definitiva polo Goberno galego, antes da súa entrada en vigor

18/05/21 | 12:47

A Xunta insiste na importancia de seguir coa tramitación do Plan xeral de Vigo para acadar canto antes a súa aprobación inicial

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remitiu unha carta á concelleira de Urbanismo na que lle recorda que o Concello debe elaborar o estudo ambiental estratéxico

17/05/21 | 12:03

A Xunta mellora a eficiencia enerxética das illas de Cortegada e Sálvora

A Consellería de Medio Ambiente executou melloras no subministro eléctrico de ambos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, con novos paneis fotovoltaicos que multiplican por cinco a capacidade de xeración de enerxía

16/05/21 | 17:03

Máis de 270 concellos galegos xa están adheridos ao Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía

Esta mesma semana o Consello coñeceu o primeiro informe de seguimento da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050

15/05/21 | 13:00

Unha decena de voluntarios ambientais pasarán a fin de semana en Ons para realizar labores de limpeza, mantemento e información

Trátase dunha das 20 actividades de voluntariado interxeracional nas que colaboran a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a de Política Social

14/05/21 | 17:38

As comunidades lobeiras esixen ao Estado que aborde a xestión da especie con rigor e deixe atrás a improvisación

Interpretan as manifestacións contraditorias por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico como unha mostra das súas propias dúbidas sobre a proposta coa que quere aumentar o nivel de protección do lobo

14/05/21 | 15:12

A Xunta investiu 83.000€ para a adquisición de 920 contedores para a recollida de residuos para os concellos da mancomunidade do Barbanza

Gonzalo Trenor visitou o complexo medioambiental de RSU de Lousame que presta servizo a 9 concellos e arredor de 80.000 habitantes

13/05/21 | 12:22

Medio Ambiente mantén o servizo de análise sanitaria das poboacións piscícolas dos ríos galegos

Este contrato acaba de ser adxudicado á Universidade de Santiago de Compostela por un importe de preto de 70.000 euros

12/05/21 | 16:21 | A Presidencia da Xunta

Galicia acelera a redución de emisións grazas á súa Estratexia de cambio climático, que executou xa máis de 317 millóns de euros durante o primeiro ano de vixencia

Feijóo destaca que Galicia está a reducir as emisións 32 puntos por enriba da media nacional e converxe máis coa senda da UE