Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

02/05/22 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra

Habilitouse unha senda de 630 metros de lonxitude e unha condución de pluviais dispoñendo 84 metros de tubaxe

02/05/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará 10,1 M€ en investimentos ao longo deste ano no concello de Marín

O delegado territorial presidiu esta mañá a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no Museo Municipal Manuel Torres ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro e Lalín

30/04/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora desde o martes os servizos de autobús entre Mazaricos e Noia coa ampliación ata A Picota dunha das liñas

A prolongación do itinerario entre O Pino de Val e A Picota facilita, principalmente, os desprazamentos dos estudantes de Mazaricos ata os institutos de Noia

29/04/22 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica o acordo para que os concellos, as deputacións, as universidades e as entidades do sector público poidan aplicar o real decreto lei estatal de revisión de prezos nas obras

O acordo, que produce efectos desde hoxe, ten como fin facilitar a viabilidade dos investimentos públicos en marcha na comunidade nun contexto de incremento extraordinario de prezos dos materiais da construción e de crise enerxética

28/04/22 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e COAG contarán este ano co proxecto para converter o actual edificio dos xulgados no centro de asociacionismo de Vigo

A delegada territorial presentou xunto ao presidente do Colexio de Arquitectos en Vigo o concurso de ideas para reformar o edificio da rúa Lalín

28/04/22 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda co concello de Ourense a nova senda peonil e ciclista que conectará a cidade de norte e sur e que suporá un investimento autonómico de 4,5 M€

Os representantes autonómicos e municipais compartiron os plantexamentos do itinerario e emprazáronse a continuar traballando conxuntamente no desenvolvemento do proxecto, impulsado ao abeiro dos fondos Next Generation de mobilidade

28/04/22 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa renovou o firme nos accesos ao Hospital de Calde, en Lugo, e hoxe comeza coas melloras no HULA

O delegado territorial, Javier Arias, explica que no hospital Lucus Augusti reforzarase o pavimento dos viarios e do aparcamento da área de Urxencias

27/04/22 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a mellora continua do transporte da Xunta, que ofrece 40 servizos ao día entre Negreira e Santiago e 24 durante a fin de semana

Vázquez Mourelle refírese aos axustes realizados en xaneiro na hora de saída de 5 expedicións das 26 coas que conta esta liña de luns a venres co obxectivo de lograr unha resposta máis eficaz ás necesidades dos usuarios