Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

30/01/20 | 20:27 | A Presidencia da Xunta

Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Vigo as novidades das que se poderán beneficiar no 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril

En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego

30/01/20 | 14:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa valora a simultaneidade da Copa del Rey e a Copa de la Reina de hóckey que levan á Coruña a súa 77ª e a súa 15ª edición respectivamente

Lembra como en 1942 celebrábase no Leirón o primeiro partido de hóckey en Galicia e destaca como, 77 anos máis tarde, preséntase na mesma cidade a 77ª edición da Copa del Rey, unha oportunidade inmellorable para que un club galego se alce co trofeo de campión

29/01/20 | 20:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta saca a licitación as obras de construción das novas instalacións deportivas no Complexo de Monterrei no Pereiro de Aguiar (Ourense) por 1 millón de euros

O proxecto de reforma contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes cun orzamento total próximo aos 10 millóns de euros e cofinanciado ao 50% entre Xuntade Galicia e Deputación de Ourense

29/01/20 | 20:24 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Pontevedra as novidades das que se poderán beneficiar en 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril

En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego

29/01/20 | 13:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asina os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Ourense que neste 2020 medran nun 2%

Por primeira vez, todas as federacións deportivas de Galicia poderán desfrutar canto antes do pagamento total do orzamento do convenio grazas á súa tramitación de xeito anticipado

28/01/20 | 19:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asina os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Vigo que neste 2020 medran nun 2%

Por primeira vez, todas as federacións deportivas de Galicia poderán desfrutar canto antes do pagamento total do orzamento do convenio grazas á súa tramitación de xeito anticipado

24/01/20 | 14:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta celebra en Fitur as tres novas etapas de La Vuelta en 2020 e asegura que serán un aperitivo do que viviremos no Xacobeo 2021

O secretario xeral para o Deporte celebra a íntima relación de Galicia con La Vuelta e lembra que a bicicleta é en Galicia, ademais dun medio de transporte sostible, un elemento que representa un dos nosos deportes de maior tradición e un símbolo da boa saúda da nosa terra

23/01/20 | 16:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Clubs e federacións poden presentar desde hoxe as solicitudes das axudas á adquisición de equipamentos deportivos que neste 2020 medran un 16%

A relación de equipamentos deportivos subvencionables non será limitativa podéndose ampliar a lista de material inventariable sempre que quede xustificada a súa utilización para a práctica deportiva desenvolta

22/01/20 | 16:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa recibe aos deportistas lucenses do Rally Dakar 2020 que co seu éxito "poñen de novo a Galicia no mapa deportivo mundial"

O acto contou coa presenza de Diego Vallejo (coches) e de Pedro Burgo, Marcos Burgo (SVV) e Eduardo Iglesias (motos), formando estes tres parte do equipo Galimplant Team que conta co patrocinio de Galicia Calidade. O porriñés José Calvar (coches) tamén participou no rally

22/01/20 | 15:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asina os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Coruña que neste 2020 medran nun 2%

Por primeira vez, todas as federacións deportivas de Galicia poderán desfrutar canto antes do pagamento total do orzamento do convenio grazas á súa tramitación de xeito anticipado