Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

20/04/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta 14 pezas de vangarda, oito delas inéditas, na oitava edición do festival de teatro, danza e arte en acción ‘Escenas do cambio’

Celebrarase na Cidade da Cultura do 5 ao 8 de maio cun amplo programa de danza, a performance, a música contemporánea, as artes visuais e o teatro máis experimental

20/04/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece un novo obradoiro gratuíto sobre a creación de personaxes de ficción para conmemorar o Día do Libro

A través da análise de textos da literatura galega, un total de 15 participantes coñecerán as ferramentas para mellorar a súa destreza da man do escritor Javier Peña

20/04/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Atlantic Fest únese á programación do Xacobeo 21-22 da man dos concertos no escenario Xacobeo

O festival de música de Vilagarcía de Arousa, se celebrará entre o 15 e o 17 de xullo co apoio da Xunta de Galicia
 
Coa confirmación hoxe do concerto de Izal, os organizadores pechan un atractivo cartel que xa ten á venda as entradas a través da súa web www.atlanticfest.com
20/04/22 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Veciñanza de Malpica, Miño, Rianxo e Sobrado verá ‘ás oito da tarde, cando morren as nais’ en Santiago co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

Os catro concellos, así como a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e o IES Audiovisual de Vigo, súmanse á iniciativa promovida pola unidade teatral da Xunta para facilitarlle á cidadanía de todo o territorio galego o achegamento ao Salón Teatro

19/04/22 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Hub audiovisual da Xunta impulsa a filmación da película ’13 exorcismos’ en Galicia cun compromiso de gasto de 1,75M€

O director de Industrias Culturais participou na presentación desta longametraxe, que conta co apoio do Goberno galego mediante unha achega de 350.000 euros do fondo de rodaxes do Hub
 

19/04/22 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 27ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na rolda de prensa de presentación desta cita consolidada do calendario cultural galego

18/04/22 | 17:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Concello da Coruña anuncian o concerto de Rosalía o 29 de xullo no marco da programación do Xacobeo 21-22

O concerto, que terá lugar no Coliseum, será a única parada galega da xira mundial da cantante na presentación do seu novo traballo

18/04/22 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa o seu apoio ao Museo do Pobo Galego para a segunda fase da ampliación do seu proxecto expositivo con novas salas

Tras a apertura en xaneiro das salas da sección de Historia de Galicia na ala sur relacionadas coa época antiga e sueva, contribúese agora á montaxe de dúas novas áreas que albergarán pezas da época medieval e moderna

18/04/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste preto de 120.000 € nas obras de restauración da igrexa de San Pedro de Moreiras, no concello de Toén

O delegado territorial explicou que as actuacións promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade consisten na restauración das cubertas das naves do cruceiro da igrexa