Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

01/09/21 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Vilalba un curso de formación complementaria á iniciación da análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida

A acción formativa ten previsto desenvolverse os días 6 e 8 de setembro na sede da asociación de empresarios Sete Pontes en horario de 16:00 a 21:00 horas

31/08/21 | 17:42 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece e valora a sensibilidade da distribución á hora repercutir o aumento dos custos de produción dos gandeiros nos seus prezos de venda

O Goberno galego agarda que a medida se estenda ao conxunto da distribución e que se traslade pola cadea de valor do leite ata chegar aos produtores e advirte de que continuará vixiante sobre o cumprimento da lei da cadea alimentaria nesta materia

O conselleiro explicou que a Xunta potencia o Observatorio do sector lácteo para impulsar a produción e a transformación do leite con medidas como a aplicación Conta Láctea

31/08/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno Central coordinan as medidas de control das vendimas

O delegado territorial informou que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, comezou xa, por terceiro ano consecutivo, os controis na vendima para asegurar e preservar a calidade dos viños das denominacións de orixe (DO) de Galicia

31/08/21 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Negueira de Muñiz unha acción formativa de introdución á vitivinicultura na IXP Terras do Navia

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase a partir deste sábado 4 de setembro no local social de Negueira

31/08/21 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta formará dende mañá unha ducia de persoas no CFEA de Sergude sobre cultivos de outono e de inverno na horta ecolóxica

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a acción abarcará dende a programación das plantacións ata a comercialización dos produtos resultantes

31/08/21 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta forma nas Neves ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro xoves 8 de setembro no auditorio municipal deste concello pontevedrés

31/08/21 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no concello coruñés de San Sadurniño

Esta iniciativa ten previsto celebrarse a partir do vindeiro luns e contará cunha duración total de 25 horas

30/08/21 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta acondiciona un pasteiro de 88 hectáreas en Sarreaus cun investimento de máis de 392.000 euros

Realizáronse traballos de roza na zona, así como de preparación do terreo, de aboado e de sementeira, incluíndo o acondicionamento necesario, a implantación de peches e outros labores como a construción dun galpón e a colocación de pasos canadenses

30/08/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dous obradoiros sobre xestión de solos agrícolas en Monforte de Lemos

A celebración de ambas accións formativas está prevista para o vindeiro luns, día 6 de setembro, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos

30/08/21 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta programa para o vindeiro 6 de setembro un curso sobre castiñeiro de froito en Silleda

Esta acción formativa xirará arredor da planificación das plantacións destas árbores en función das zonas e do destino final do produto