Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

18/06/20 | 15:07

A Xunta rehabilitará o Mosteiro de Oseira para incorporalo á rede de albergues públicos na Vía da Prata

O Goberno galego licita por un millón de euros o proxecto para mellorar o espazo de acollida a grupos e construír novas dependencias para peregrinos

18/06/20 | 12:35

A Xunta licita o proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno por máis de 1,7 M€

A actuación levarase a cabo en 14 concellos de Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza, entre os municipios de Rubiá e Lalín, onde o itinerario se une coa Vía da Prata

12/06/20 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución da nova fase dos traballos no cruce de Concheiros coa Avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri, en Santiago, fan necesario novos cambios de tráfico a partir do luns 15

O obxectivo é seguir avanzando a bo ritmo na execución das obras e minimizar as obrigadas afeccións ao tráfico nun momento no que se rexistran menos desprazamentos

11/06/20 | 17:48

Román Rodríguez asiste á rodaxe de '3 Caminos', un dos primeiros proxectos que retomou a súa gravación tras o coronavirus

Saudou en Triacastela o equipo técnico e reparto, entre eles os actores Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Joo Lee

10/06/20 | 17:11

A comisaria do Xacobeo 2021 comparte con Navarra as medidas da Xunta para a reapertura do Camiño de Santiago

Cecilia Pereira participou por videoconferencia nunha sesión centrada no futuro da Ruta Xacobea tras a crise sanitaria no marco das IV Xornadas Turismo de Navarra

10/06/20 | 16:31

A Xunta amplía os prazos da segunda edición de 'O teu Xacobeo' que chegará ata o outono de 2021

Segundo se publica hoxe no DOG, as actuacións que formen parte desta segunda convocatoria poderán executarse ata o 30 de setembro de 2021

09/06/20 | 11:50

Os albergues públicos da Xunta, a Catedral de Santiago e a Oficina do Peregrino coordinaranse para reabrir o 1 de xullo

A Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 reuniuse hoxe para avaliar a reactivación do Camiño de Santiago de xeito coordinado e progresivo

08/06/20 | 18:57

Román Rodríguez agradece ao grupo de traballo do Xacobeo 2021 a súa aposta por un Camiño seguro, sustentable e dixital

O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse cos integrantes deste equipo para avaliar as súas achegas na desescalada da ruta e a redefinición do Ano Santo

06/06/20 | 10:11

O Gaiás relanza a súa programación do segundo semestre cunha oferta centrada nos artistas e empresas culturais de Galicia

A Cidade da Cultura avanza seis novas exposicións e intervencións artísticas, entre as que destacan as dedicadas á Xeración Nós e a Isaac Díaz Pardo

05/06/20 | 13:20

A Xunta licita o primeiro albergue público do Camiño de Inverno coa rehabilitación do Pazo Bispal de Diomondi

O Goberno galego destina máis dun millón de euros para facelo mellorando a eficiencia enerxética e readaptando a distribución do inmoble