Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/05/22 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-230, no concello de Curtis

Este contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 8 meses

04/05/22 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa avanzando no emisario submarino dos Praceres, en Pontevedra, coa perforación do túnel rematada e unha execución dos traballos que acada o 44 %

Xa se ten completado o tramo en túnel do emisario, cunha lonxitude final de 690 metros, que se acometeu coa máquina tuneladora procedente de Alemaña, xa retirada

04/05/22 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o inicio da información pública da mellora da estrada Viveiro-Cabreiros, que suporá un investimento da Xunta de 13,4 M€ e acurtará o tempo de percorrido ao duplicar a extensión dos terceiros carrís

Vázquez Mourelle sinala que o proxecto está en información pública desde hoxe ata o 16 de xuño para avanzar nos trámites e licitar a 1ª fase das obras, que abarcará os concellos de Viveiro e Ourol onde a actuación é máis intensa, a finais deste ano

04/05/22 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 4 empresas para executar a mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova, cun investimento de máis de 1,2 M€

Actuarase nas estradas OU-411, OU-414 e OU-801, nos concellos de Bande, Ribadavia, Verea, Cortegada, Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado

04/05/22 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para o acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que suporán un investimento de preto de 223.000€

Trátase de actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo da estrada PO-504, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

03/05/22 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de execución do acceso provisional a Folgoso do Courel para restituír o tráfico na estrada LU-651

A intervención comezará de forma inmediata e estará rematada a finais de xuño, ao ter un prazo de 6 semanas aproximadamente

03/05/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a colaboración entre a Xunta e o Concello de Cenlle para transformar a travesía de Trasariz nunha rúa máis segura, funcional, accesible e humana, tras un investimento de máis de 170.000 €

Executouse un itinerario ao longo dos 450 metros que unen un tramo antigo da estrada N-120 co núcleo de Trasariz, proporcionando o tránsito máis cómodo e seguro dos peóns e mellorando a accesibilidade

03/05/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 2,6 M€ nas obras de mellora e acondicionamento da estrada LU-710, desde a intersección da N-VI ata o enlace coa A-6, en Baralla

Ensancharase e mellorarase a vía ao longo de 4,5 km, dotándoa dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un

03/05/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a mellora do firme na estrada OU-533 ao paso pola Gudiña, o Bolo e Viana do Bolo, que suporá un investimento de case 1,4 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano