Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Industria:

16/07/21 | 13:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa a formación dos empregados públicos en xestión de fondos europeos e igualdade e prevención da violencia de xénero

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez presidiu hoxe a reunión do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

16/07/21 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitudes das axudas dirixidas a asociacións de consumidores para que poidan desenvolver actividades informativas sobre enerxía eléctrica e comercio electrónico

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informou desta iniciativa nunha reunión mantida coas asociacións integrantes do Consello Galego de Consumidores

16/07/21 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a aposta pola dixitalización do tecido empresarial galego a través de programas como o Cheque Dixital que acaba de abrir a súa nova convocatoria

A liña da Vicepresidencia económica, dotada con 4M€ e que permitirá apoiar a máis de 1000 autónomos e pemes, ten como obxectivo a transformación tecnolóxica e o impulso dos procesos de dixitalización, adaptándose á situación xerada pola covid-19

16/07/21 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Galicia duplica as exportacións con respecto a maio do ano pasado e medra o dobre que a media estatal

Nos cinco primeiros meses do exercicio, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse en máis dun 40%, o que permitiu manter a balanza comercial en positivo

16/07/21 | 12:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2M€ á empresa Betanzos HB para contribuír á súa aposta pola sustentabilidade e a economía verde a través da instalación dunha caldeira de biomasa

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a compañía de transformación forestal

14/07/21 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta márcase como liña vermella nas negociacións da nova PAC garantir o mesmo volume de fondos para Galicia que no anterior período

A prioridade do Goberno galego é aproximar o novo modelo o máximo posible ao da agricultura e a gandaría da Cornixa Cantábrica, con explotacións pequenas e medianas familiares e profesionais, fronte á orientación “mediterránea” que sostén o Ministerio

14/07/21 | 10:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño ata o 13 de outubro

Os galardóns, convocados a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño

13/07/21 | 14:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que cada tres días ponse en marcha en Galicia unha nova empresa de economía social, unha cifra que non se freou polas incertezas da pandemia

Destaca que máis de 100.000 persoas, un de cada once fogares galegos, viven da economía social, representando esta forma empresarial arredor do 7% do PIB galego

13/07/21 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta retoma na provincia da Coruña o seu ciclo de charlas para informar sobre a nova tarifa eléctrica

A iniciativa chega este mes a Ribeira, Carballo, Ordes e Curtis da man do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC)

13/07/21 | 11:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca o novo programa de axudas Conecta Covid para que Galicia achegue solucións innovadoras ao contexto actual

Cun orzamento de 4M€ co que se prevé mobilizar 6M€, o programa busca seguir avanzando en proxectos de I+D+i relacionados coa pandemia ao tempo que se impulsa a transición dixital das pemes galegas