Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

15/10/20 | 19:32

A Xunta destaca a importancia de promover o protagonismo feminino na toma de decisións no medio rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na Estrada no I Foro Construíndo en Feminino organizado pola asociación Mulleres Rurais Avelina Valladares

15/10/20 | 14:50

A Xunta reforza a súa colaboración coas federacións de mulleres rurais en apoio ás vítimas de violencia de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade asinou hoxe, Día Internacional da Muller Rural, convenios de colaboración coas federacións Fademur, Femuro, Femupo e Redeiras Artesás O Peirao

13/10/20 | 14:37

Susana López Abella toma posesión como secretaria xeral da Igualdade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu o acto que tivo lugar no edificio administrativo de San Caetano

16/09/20 | 16:38

Galicia foi pioneira en España na posta en marcha de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

María Jesús Lorenzana destacou que a Xunta cumpriu o 100% das medidas recollidas no Plan de actuación para a implantación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en 2019

15/09/20 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade de promover accións para acadar a igualdade de xénero no ámbito universitario

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración do XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade para a Excelencia Universitaria

12/09/20 | 11:50

A Xunta asesora e avalía a preto de 30 persoas de cara a acreditación das competencias profesionais do oficio de redeiras

Este proceso enmárcase na convocatoria deste ano da Consellería de Emprego e Igualdade para o recoñecemento oficial de competencias profesionais adquiridas en diferentes ámbitos profesionais

10/09/20 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo papel das universidades para fomentar a igualdade entre as xeracións máis novas

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na presentación da tradución ao galego das “Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero”

07/09/20 | 10:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía en 485.000 euros as axudas aos concellos galegos para fomentar a inserción laboral de vítimas de violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do orzamento desta orde, que ascende a 1,8 M€ e se enmarca nas medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero