Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e Ecoembes colaboran na campaña Separar con Xeito co reto de achegar a reciclaxe de envases a 300 feiras e eventos gastronómicos en toda Galicia
A iniciativa busca impulsar a economía circular, a través do depósito de envases de plásticos, latas e briks no contedor amarelo e dos envases de papel e cartón no azul, e concienciar á sociedade dos beneficios que ten reciclar para o medio ambiente
A Xunta concede case 500.000 € á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para mellorar a xestión da biodiversidade e eliminar especies invasoras
Belén do Campo pon en valor o traballo exemplar feito polos xestores desta reserva, a segunda máis recente das 7 declaradas en Galicia, e subliña que os expertos da Unesco están xa a traballar na avaliación dos resultados dos 10 primeiros anos da súa xestión
A Xunta avanza na redacción do anteproxecto da Lei de ordenación do litoral de Galicia co obxectivo de presentalo antes de que remate 2022
Ángeles Vázquez considera que é vital acadar unha correcta ordenación do territorial, na que se combine a protección ambiental e o desenvolvemento económico do sector pesqueiro
A Xunta organiza en Cervo unha xornada para orientar as entidades locais na implantación da recollida selectiva da materia orgánica
O obxectivo é dar a coñecer tanto a normativa vixente nesta materia como a operativa a seguir polas entidades locais
A Xunta pon en valor a evolución nos últimos 20 anos do sistema de resposta e actuación ante un eventual episodio de contaminación mariña accidental
A conselleira do Mar lembra que a comunidade avanzou moito tanto cientificamente como a nivel de medios e que é un dos espazos con maior protección ao contar cun Servizo de Gardacostas propio e ter incorporado importantes buques e equipamentos
A Xunta rexeita o borrador do Plan estratéxico do patrimonio natural ao considerar que propón medidas pouco realistas e inviables
Subliña que Galicia xa te unha Lei de patrimonio natural, aprobada en 2019, completa e eficaz para preservar a biodiversidade e non pode subscribir un documento que non ten en conta os taxons ameazados ou a dispoñibilidade de medios humanos e materiais
A Xunta amplía en máis de 777.000 € o orzamento de dúas ordes de axudas para compra de vivenda co fin de atender o maior número de solicitudes
Increméntanse os fondos destinados a subvencionar a adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes e en centros históricos
A Xunta lanza a cuarta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar sobre a reciclaxe de pilas á comunidade educativa
Os colexios de primaria e secundaria que estean interesados en participar poderán inscribirse en liña na páxina da campaña desde hoxe e ata o próximo 9 de decembro